Home Vigo Mos A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de...

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón, que suporá un investimento conxunto de 1,3M€

- Anuncio -

―      O Goberno galego cofinanciará, mediante a achega de 600.000€, esta intervención que estará rematada o próximo ano

―      Esta actuación transformará o centro urbano de Mos nunha zona máis accesible e sostible, incrementando notablemente o espazo para uso peonil

―      O proxecto inclúe a dotación de máis zonas de estancia e esparexemento, espazos con xardíns, con novo mobiliario urbano e nova iluminación

―      A conselleira lembrou outras actuación neste municipio, como a humanización da contorna de San Eleuterio, ao abeiro do Plan Hurbe

―      Avanzou a adxudicación das obras das 20 vivendas públicas que a Xunta vai construír en San Eleuterio, cuxo remate se prevé vindeiro ano

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón, que suporá un investimento conxunto de 1,3M€.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o convenio para executar estas obras.

O Goberno galego cofinanciará mediante a achega de 600.000€ esta intervención que licitará o Concello de Mos para poder tela rematada o próximo ano.

Esta actuación transformará o centro urbano de Mos nun espazo máis accesible, verde e adaptado ás necesidades dos cidadáns, promovendo un entorno máis sostible e agradable.

O proxecto abrangue a remodelación dun tramo de 170 metros da avenida de Puxeiros, outros 125 metros da avenida do Rebullón e a totalidade da superficie da rotonda dos Bois.

Trátase dunha actuación integral que permitirá acadar unha vila máis amable e con maior accesibilidade, incrementando notablemente o espazo para uso peonil nesta contorna.

Este proxecto inclúe a dotación de máis zonas de estancia e esparexemento, espazos con xardíns, con novo mobiliario urbano e nova iluminación.

A conselleira lembrou outras actuación executadas neste municipio, como a humanización da contorna de San Eleuterio, un exemplo de colaboración entre institucións ao abeiro do Plan Hurbe.

Tamén recordou a licitación das 20 vivendas públicas que a Xunta vai construír en San Eleuterio. Detallou que estas obras xa están adxudicadas e estarán rematadas o vindeiro ano.

Relacionadas

Rafa Domínguez participa na estrea do documental “Consello de Galiza”, de Xan Leira

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na estrea do documental “Consello de Galiza, o goberno galego no exilio”, que...

O Concello de Ponteareas solicita 15 millóns de euros para mellorar o acceso á...

0
O Concello de Ponteareas solicitará aos Plans EDIL (Plans de Actuación Integrados de Entidades Locais,) financiado con fondos FEDER 21-27, 15 millóns de euros...

Tui segue a reivindicar a figura de Rosendo Salvado

0
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo celebraranse as Xornadas sobre este egrexio tudense Dende o próximo martes 25 de febreiro e até o...

15 comparsas desfilarán este sábado no inicio do Entruido de Soutomaior

0
Este ano Soutomaior volve a  recuperar o seu Entruido máis tradicional , grazas ao traballo de investigación realizado polo antropólogo Rafa Quintía, con actividades...

Luis López amosa o apoio da Deputación, cunha achega de 460.000€, para impulsar programas...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Roberto Carrero e Sandra Bastos, visita o CIM da Guarda, que recibe a máxima colaboración da Deputación e...

Emilio X. Ínsua ofrece un faladoiro sobre Castelao nas Irmandades da Fala

0
Este venres ás 19.30, na Oficina de Turismo, teremos a segunda actividade vencellada ao Ano Castelao. Trátase dun coloquio arredor da militancia de Castelao...

Publicacións Relacionadas