Home Lugo A Xunta colabora co concello de Paradela na mellora de infraestruturas municipais

A Xunta colabora co concello de Paradela na mellora de infraestruturas municipais

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

― A achega destinouse a novo equipamento para a casa consistorial, o centro cultural e o tanatorio municipal, así como ao acondicionamento e mellora de espazos de uso cultural e social

― O orzamento global da Orde de infraestruturas de uso público ascende este ano a 3,5 millóns de euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe no concello lugués de Paradela as melloras dos edificios municipais realizadas ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público. A achega da Xunta ascendeu a case 36.700 euros, que se destinaron ao acondicionamento e mellora de espazos culturais, así como a equipamento de mobiliario, informático e audiovisual na casa consistorial, o centro cultural e o tanatorio municipal.

Segundo explicou a directora xeral, as obras de mellora e acondicionamento desenvolvéronse na Casa da Cultura, situada no edificio das antigas escolas e onde se atopa o salón de actos do concello, e no Centro Cultural Manuel-Oreste Rodríguez López, que acolle a biblioteca municipal e as distintas exposicións organizadas. Por outra banda, renováronse os equipos informáticos de diversos servizos municipais e da Casa da Cultura, así como mobiliario deste espazo e do tanatorio.

Natalia Prieto referiuse á relevancia destas actuacións a prol da actividade cultural do concello e dun axeitado desenvolvemento dos servizos municipais. O investimento súmase a outros preto de 70.000 euros achegados pola Xunta en Paradela o ano pasado ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Neste caso, a contía destinouse á optimización enerxética da luz pública exterior e ao acondicionamento da Ruta de Loio e o contorno do Malecón. Desde 2009, este concello lugués recibiu máis de 500.000 euros a través de diferentes liñas de colaboración da Dirección Xeral de Administración Local.

Apoio aos concellos con menor poboación
A Orde de infraestruturas de uso público destínase a concellos de menos de 30.000 habitantes para mellorar as infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Neste ano, o orzamento previsto para as actuacións ascende a 3,5 millóns de euros. Desde a creación da orde, en 2009, o Goberno galego mobilizou máis de 40 millóns de euros para financiar 1.372 proxectos en concellos de toda Galicia, dos que 125 se executaron o pasado ano.

O obxectivo é garantir un equilibrio entre o medio rural e o urbano, o interior e a costa, que permita tanto o desenvolvemento económico da totalidade do territorio galego como unhas óptimas condicións de vida da cidadanía con independencia do lugar de residencia.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

Publicacións Relacionadas