Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Xunta colabora co concello de Pereiro de Aguiar na mellora da...

A Xunta colabora co concello de Pereiro de Aguiar na mellora da contorna do Encoro de Cachamuiña

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as obras acometidas para a mellora da accesibilidade e a construción dunha senda peonil e outros servizos complementarios nas inmediacións do encoro

― Natalia Prieto salientou que esta actuación non só mellora a seguridade da poboación e a conservación ambiental, senón que tamén incrementa as potencialidades turísticas do concello


― O Pereiro de Aguiar recibiu nos últimos anos máis de 500.000 euros das diferentes liñas habilitadas pola Xunta para os concellos galegos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as melloras levadas a cabo no Concello do Pereiro de Aguiar ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Administración local para a posta en marcha do proxecto para a mellora da accesibilidade e senda peonil, un conxunto de actuacións levadas a cabo na contorna do encoro de Cachamuíña.

Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou xunto co alcalde de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, as intervencións realizadas na mellora da seguridade dun espazo que conta cada vez con máis afluencia de xente e no que se levaron a cabo actuacións de conservación ambiental de recuperación e posta en valor do entorno natural. A directora xeral subliñou, ademais, que estas melloras supoñen tamén a posta en valor dun espazo que é porta de entrada da Ribeira Sacra e que conta cunhas potencialidades turísticas que a Xunta está a disposta a fomentar.

A raíz do convenio polo que a Xunta achegou 50.000 euros para o desenvolvemento desta actuación, mellorouse o acceso peonil da contorna do encoro e colocáronse pasarelas de madeira para salvar as dúas marxes do río. Tamén se instalaron equipamentos deportivos para promover un estilo de vida máis saudable e xogos infantís para os máis pequenos. As actuacións acompañáronse de campañas divulgativas e de sensibilización para a promoción do Camiño de Santiago e a conservación ambiental da zona, así como paseos de temática simbólica a favor da igualdade. O proxecto incorporou tamén servizos complementarios como un parque para mascotas, aparcadoiros ou restauración.

Natalia Prieto destacou que, actuacións como estas e outras programadas nas inmediacións do encoro de Cachamuíña, incrementan o atractivo do concello e as súas posibilidades turísticas polo que supón de diversificación e desestacionalización da oferta, “permitindo gozar da riqueza monumental, cultural e paisaxística do concello en calquera época do ano”.
A achega da Xunta por mor deste convenio vai incluída nunha serie de colaboracións entre o Goberno galego e a Administración local que permitiron que O Pereiro de Aguiar recibise desde o ano 2009 axudas por máis de 552.000 euros dentro das liñas habilitadas pola Administración autonómica para a mellorado medio ambiente, das infraestruturas e os servizos dos concellos galegos, o que redunda na mellora de vida da súa veciñanza.

No ano 2021, ademais da firma do convenio para o proxecto para a mellora da accesibilidade e senda peonil na contorna do encoro, Pereiro de Aguiar recibiu preto de 15.000 euros para unha brigada de protección e mantemento de espazos naturais compartida con Nogueira de Ramuín. Natalia Prieto puxo en valor tamén este exemplo de colaboración entre administracións para optimizar e rendibilizar os servizos públicos.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas