Home Lugo A Xunta colabora co concello de Pol na adquisición dun vehículo eléctrico...

A Xunta colabora co concello de Pol na adquisición dun vehículo eléctrico para a conservación do medio ambiente

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as actuacións levadas a cabo no concello con apoio do Goberno galego
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o concello de Pol, co que o Goberno galego colaborou o ano pasado na adquisición dun vehículo eléctrico para conservación e mantemento medioambiental cunha achega de máis de 29.200 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.
Este vehículo financiado co apoio da Xunta é máis eficiente e menos contaminante, o que contribúe a reducir as emisión de dióxido de carbono e, ao mesmo tempo aforrar nos custos de mantemento.
A colaboración enmarcase no Fondo de Compensación Ambiental, que destina os ingresos derivados do canon eólico a axudas nos municipios que teñen parques de aproveitamento eólico no seu territorio e aos que presentan proxectos de recuperación ambiental. A Xunta mantén este ano o orzamento de 11 millóns de euros para esta orde de axudas, que contempla proxectos que teñan que ver coa conservación da biodiversidade, o uso de enerxías renovables, a protección do medio ambiente, a mellora de eficiencia enerxética, sistemas de aforro de auga e xestión de residuos, ademais da adquisición coma neste caso de maquinaria ou a contratación de persoal para levar a cabo estas iniciativas.

Entre os proxectos apoiados pola Administración autonómica no concello de Pol o ano pasado destaca tamén a instalación de cuberta da pista de pádel municipal para poder realizar esta actividade tamén nos meses de inverno, que contou cunha axuda de case 30.000 euros da Orde de infraestruturas de uso público.

O investimento do Goberno galego no municipio nos últimos anos supera os 419.000 euros para renovar e acondicionar distintas infraestruturas destinadas a servizos municipais ou con melloras ambientais relacionadas co abastecemento de auga ou a compra de nova maquinaria para traballos de conservación e mantemento do medio ambiente.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas