Free Porn
xbporn
Home Lugo A Xunta colabora co concello de Quiroga na mellora da cuberta da...

A Xunta colabora co concello de Quiroga na mellora da cuberta da Casa da Cultura do concello

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias as melloras levadas a cabo na casa da cultura ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

― O Goberno galego financia a través desta orde a creación ou mellora das infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais, así como a dotación de equipamento

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, as obras de rehabilitación levadas a cabo na cuberta da Casa da Cultura do concello, ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, que contou cunha axuda de preto de 34.000 euros.

Natalia Prieto explicou que debido á antigüidade da edificación, a cuberta presentaba un nivel grave de deterioro con filtracións no interior do edificio o que provocaba goteiras en case todas as dependencias da planta baixa e alta do edificio, de aí a necesidade do concello de levar a cabo esta obra nunhas dependencias onde se desenvolven moitas actividades lúdicas, educativas, deportivas e culturais deste concello lucense.
A Xunta financiou estes traballos no marco da Orde de infraestruturas de uso público, coa que apoia as iniciativas dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Na convocatoria deste ano, o Goberno galego mantén o orzamento de 4 millóns de euros que destinou o ano pasado a esta liña de axudas, despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros respecto do orzamento do 2019.

A directora xeral de Administración local tamén visitou a parcela municipal na que se levarán a cabo as actuacións necesarias para a súa recuperación ambiental. No marco dun convenio co concello que se aliña aos obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental, a Xunta destina case 75.000 euros destinados a resolver a degradación ambiental da finca e a súa posta en valor contribuíndo á rexeneración desta área para que sexa posible levar a cabo outras actuacións urbanísticas. Os traballos inclúen o desbroce da parcela, a adecuación do terreo, a creación de camiños e tarefas de axardinamento, colocación de mobiliario, instalación de saneamento, fontanería e alumeado. A través do Fondo de Compensación Ambiental a Xunta colabora cos concellos en melloras ambientais coma estas cun investimento de 11 millóns de euros na convocatoria deste ano.

O Concello de Quiroga recibiu nos últimos anos case 754.000 euros das diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia Primeira. Tanto a través da Orde de Infraestruturas de uso público, para o acondicionamento, urbanización e pavimentación da praza pública de Pacios de Mondelo; e mediante o Fondo de Compensación Ambiental, na mellora no abastecemento e reparación de estanques en núcleos de Quiroga e tamén contou cunha axuda para vixilancia ambiental e mellora dos abastecementos de augas e áreas recreativas co concello de Ribas de Sil.

Este concello foi galardoado co Premio Coopera no ano 2014, dotado con 12.500 euros, no marco do consorcio de Turismo Ribeira Sacra, xunto aos concellos de A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober ,Taboada (Lugo); A Peroxa, A Teixeira, Castro Caldelas, Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Xunqueira de Espadañedo (Ourense).

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de...

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no Festival Asnot de Padrón

0
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun...

Publicacións Relacionadas