Home Pontevedra O Salnés A Xunta colabora co concello de Sanxenxo na mellora das oficinas municipais...

A Xunta colabora co concello de Sanxenxo na mellora das oficinas municipais ao abeiro da orde de infraestructuras de uso público

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as melloras levadas a cabo para a prestación de servizos municipais, que con contou cunha axuda de máis de 40.000€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta de Pontevedra, Luis López, visitaron hoxe as melloras levadas a cabo no acondicionamento do baixo para ampliación das oficinas municipais, que contou cunha axuda da orde de infraestruturas de uso pública de máis de 40.000 euros.

A directora xeral explicou que o baixo conta con todas as instalacións e servizos, xa que foi acondicionado para as necesidades municipais, para albergar algún dos seus servizos, sendo necesario a dotación de máis despachos, a conexión do baixo co edificio principal do Concello, así como renovar e rematar parte das instalacións para adecualas ás novas necesidades.

Natalia Prieto incidiu que estas melloras e ampliación da casa consistorial redunda en beneficios para os veciños xa que, segundo explicou o alcalde, Telmo Martín, as propias oficinas municipais estaban quedando pequenas para levar a cabo toda a carga de traballo nos distintos departamentos, e así, con esta ampliación se axilizan e melloran os trámites municipais aos veciños e visitantes do Concello.

Nesta mesma liña, Natalia Prieto destacou o compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños No caso do concello de Sanxenxo, o investimento do Goberno galego nos últimos anos en actuacións en infraestruturas, mellora ambientais, adecuación de parques infantís, restauración ambiental dos xardíns do Pazo de Quintáns, mellora medioambiental e do alumeado público do parque punta Vicaño, ou a semipeatonalización do paseo da praia de Silgar, entre outros.

A Xunta inviste este ano 3,5M€ na Orde de Infraestruturas de uso público destinada aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes para mellorar as infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, de forma individual ou compartida. Entre as actuacións subvencionables inclúense obras de instalación, ampliación e mellora das redes de alumeado público; a pavimentación de camiños públicos municipais; así como a construción, mellora e ampliación de parques infantís, dependencias municipais ou instalacións deportivas de uso público.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas