Home Ourense O Carballiño A Xunta colabora coa Asociación de veciños Partovia do Carballiño con diversas...

A Xunta colabora coa Asociación de veciños Partovia do Carballiño con diversas melloras

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

― Natalia Prieto lembrou que a Xunta incrementou o orzamento da orde de axudas do Plan específico de acción comunitaria, nun 20%, ata acadar os 3M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou hoxe as obras de pechamento, formigonado e humanización do soportal do local social da Asociación de Veciños Partovia no Carballiño, que recibiu o ano unha axuda de preto de 5.500 euros.

A organización foi unha das 41 entidades beneficiarias da provincia de Ourense o ano pasado, que recibiron máis de 600.000 euros no marco da convocatoria de axudas do Plan específico de Acción Comunitaria. No conxunto da comunidade, o Goberno galego destinou 2,5M€ para apoiar as iniciativas e 173 asociacións.

Natalia Prieto, lembrou que a Xunta vén de renovar esta orde, na que o Goberno galego incrementa o orzamento nun 20%, ata acadar os 3 millóns de euros, na súa aposta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega.

A orde de subvencións para este ano inclúese no plan específico de acción comunitaria, destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Os investimentos van destinados ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e a compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades. Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Publicacións Relacionadas