Home Quiroga Folgoso do Courel A Xunta colabora no acondicionamento da Área Recreativa de Mogoxe de Folgoso...

A Xunta colabora no acondicionamento da Área Recreativa de Mogoxe de Folgoso do Courel para consolidar o atractivo turístico do concello

- Anuncio -

— O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Teritorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron o convenio de colaboración coa alcaldesa para executar os traballos que permitirán ampliar a oferta turística do municipio cunha área de baño e lecer


— Alfonso Rueda destacou a aposta da Xunta por reforzar a Galicia como destino turístico seguro, de calidade e sostible e a zona do Courel como referente do turismo en contacto coa natureza que están a demandar os visitantes no escenario postcovid


— Ángeles Vázquez subliñou que é o segundo concello galego con máis superficie en espazos protexidos e forma parte da candidatura a Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron hoxe coa alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, un convenio de colaboración a través do que o Goberno galego vai investir 300.000 euros na adecuación da área recreativa de Mogoxe.

As actuacións nesta zona emprazada á beira do río Lor permitirán dotar ao municipio dunha área de baño e lecer para consolidar o atractivo turístico do concello e ampliar e complementar nos meses de verán a oferta baseada na natureza e o patrimonio etnográfico.

Os traballos incluirán a adecuación da zona de parada para transporte público, a construción dunha rampla de acceso en madeira, así como a creación de dúas zonas de xogos cunha pista de volei-praia e un parque infantil, a colocación de mesas con bancos de lousa e a plantación de árbores. Deste xeito, a colaboración entre a Xunta e o concello posibilitará, tanto ás familias do municipio como aos turistas, desfrutar dunha área de interese turístico na que se fomenta ao mesmo tempo o respecto polo medio natural.

Alfonso Rueda destacou que o concello de Folgoso do Courel, e en conxunto o xeodestino Ancares-Courel ao que pertence, é precisamente unha referencia turística no que se refire ao turismo interior e de natureza, valores que están a ser cada vez máis demandados polos visitantes á hora de escoller destino ao que viaxar.

Por iso, lembrou que Galicia é un destino seguro, de calidade e sostible que parte con vantaxe no escenario postcoronavirus ao ofrecer espazos abertos en contacto coa natureza para desfrutar dun turismo tranquilo e seguro sen masificacións. Nesta liña, incidiu en que o seguro coronavirus que xa está en vigor e cubre ao cubrir os gastos de infección por covid-19 ou por prolongar a corentena, ofrecerá un plus de tranquilidade aos turistas e peregrinos que visiten a comunidade e que Galicia xa está preparada para recibir.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou a importancia que terá esta actuación tanto para os veciños como para os visitantes que cada ano se achegan ata esta zona atraídos polos múltiples recursos que atesoura desde o punto de vista do patrimonio natural.

Neste sentido, lembrou que Folgoso do Courel forma parte da Zona de Especial Conservación (ZEC) Ancares-Courel, é un dos 23 municipios da proposta da Xunta da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, e está incluído no único Xeoparque Mundial declarado en Galicia; unhas características que o converten, subliñou, no segundo concello galego en canto a superficie en espazos protexidos.

Ademais, como exemplo dese labor de protección e conservación do patrimonio natural, cómpre lembrar que o Goberno galego impulsou este ano un novo programa de voluntariado ambiental que se desenvolverá ata setembro nos lugares máis senlleiros da comunidade, entre os cales se atopa a ZEC Ancares-Courel. Precisamente, unha ducia de voluntarios pasarán esta fin de semana neste espazo natural realizando desde esta tarde e ata o domingo diferentes labores de limpeza e coidado medioambiental sobre o terreo, ao tempo que reciben información sobre a contorna natural que os rodea.

Por outra parte, a Xunta tamén colaborou no concello noutros proxectos como a posta en marcha da área recreativa e o heliporto de Seoane, que conta con pista polideportiva, parque infantil e punto de aterraxe para o helicóptero de emerxencias. A infraestrutura recibiu unha achega de 50.000 euros do Goberno galego, que nos últimos anos leva investidos no concello máis de 825.800 euros en distintas melloras ambientais e de infraestruturas para a prestación de servizos municipais grazas á colaboración mantida entre a Xunta e Folgoso para levar a cabo iniciativas en beneficio da cidadanía.

Relacionadas

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

Publicacións Relacionadas