Home Lugo A Xunta colabora no acondicionamento da Casa Reitoral de San Vicente de...

A Xunta colabora no acondicionamento da Casa Reitoral de San Vicente de Pedrera para dedicala a Local Social da Asociación de Veciños Peizal-Outeiro

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobaron hoxe os traballos realizados na instalación eléctrica, os accesos, a traída de augas e o mobiliario

― A Xunta financiou esta actuación ao abeiro das axudas do Plan específico de Acción Comunitaria dirixidas ás entidades veciñais, ás que este ano o Goberno galego destinou 2,5M€ en apoio a proxectos de 173 asociacións

― Natalia Prieto anunciou que a Xunta incrementará en 2022 o orzamento destas subvencións nun 20% ata acadar os 3M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as actuacións de acondicionamento e equipamento levadas a cabo na antiga casa reitoral de San Vicente de Pedrera para destinala a local social da asociación de veciños Peizal-Outeiro.

O Goberno galego colaborou este ano cunha axuda de 17.000 euros na terceira fase destas obras ao abeiro das axudas do Plan específico de Acción Comunitaria que cada ano convoca a Xunta para financiar a realización de obras nos locais sociais das asociacións de veciños e de mulleres rurais ou da adqusición de equipamento para realizar as súas actividades, así como na reparación de traídas de auga das comunidades de usuarios de augas.

Neste caso, a Xunta colaborou nas actuacións da terceira fase do proxecto de acondicionamento da antiga casa reitoral, que inclúe a instalación eléctrica, melloras nos accesos, traída de augas e a compra de mobiliario. Así, instaláronse tubos e caixas, cadros eléctricos, detectores de presenza e halóxenos e luminarias led. Tamén se colocou un motor de auga desde un pozo ás instalacións xunto coa previa realización de fosa séptica. As melloras completáronse coa colocación de ventás e porta de acceso ademais da compra de mobiliario.

A asociación de veciños de Peizal-Outeiro é unha das 173 entidades galegas que se beneficiaron das axudas deste ano ás que a Xunta destinou 2,5 millóns. Natalia Prieto avanzou hoxe que, tendo en conta o elevado número de solicitudes que se presentan cada ano á convocatoria, o Goberno galego incrementará o próximo ano nun 20% o orzamento reservado para esta orde de subvencións, ata acadar os 3 millóns de euros.

Nos últimos anos, a Xunta financiou con estas axudas 1.151 proxectos cos que garantir o funcionamento e mantemento destas entidades, o que supuxo un investimento de 13 millóns de euros.

A directora xeral de Administración Local destacou o compromiso da Xunta co movemento veciñal e a mellora de calidade da vida da cidadanía e incidiu no papel das entidades veciñais para dinamizar a vida local e trasladar as institucións as demandas e necesidades dos veciños, xa que son a organización máis próxima á veciñanza.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas