Home Xunta de Galicia A Xunta colaborará coas empresas do sector para afondar na rehabilitación de...

A Xunta colaborará coas empresas do sector para afondar na rehabilitación de vivendas

- Anuncio -

— Heriberto García traslada información sobre as diferentes liñas de axudas para a recuperación de inmobles que impulsa o Goberno galego

— Os representantes de Federgal presentaron ao director xeral do IGVS a nova organización

A Xunta de Galicia colaborará coas firmas representadas pola nova Federación de asociacións de empresas da reforma e rehabilitación de Galicia (Federgal) co fin de afondar na recuperación dos inmobles da Comunidade.

Este compromiso foi anunciado polo director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, na reunión celebrada hoxe cos representantes de Federgal, encabezados polo seu presidente, Agustín Moreira, xunto co secretario, Antonio Heredero, e os presidentes da Asociación de Empresas de Cerramento (Acegal) e da Asociación Galega de Construción (Agalco), Miguel Ángel Bernárdez e Salvador García.

Na reunión, na que os representantes presentaron a nova organización, o director xeral do IGVS explicou as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios que ofrece a Xunta de Galicia, e que os membros de Federgal poden difundir e comunicar aos seu clientes e potenciais beneficiarios das mesmas.

Así mesmo, Heriberto García reafirmou o firme compromiso da Xunta coa recuperación de vivendas, tanto a través de actuacións directas do IGVS, co programa Rexurbe, como a través das axudas para rehabilitación destinadas a particulares, comunidades de propietarios e concellos.

Por último, o director xeral do IGVS tamén trasladou aos directivos de Federgal información sobre as distintas liñas de actuación incluídas nos fondos europeos destinados a vivenda, en cuxa execución terán parte as empresas do sector da rehabilitación, coas que a Xunta buscará canles de colaboración cuxo primeiro fito foi a reunión celebrada esta mañá

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas