Home Pontevedra Campo Lameiro A Xunta colaborará na urbanización da parcela do Centro de Estancia de...

A Xunta colaborará na urbanización da parcela do Centro de Estancia de Campo Lameiro

- Anuncio -

Ángeles Vázquez salienta a necesidade de que este equipamento social conte cunha zona exterior adecuada e accesible para os usuarios

A Xunta colaborará na mellora e urbanización da parcela na que se localiza o centro de estancia de Campo Lameiro. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión co rexedor, Carlos Costa, para coñecer as demandas e necesidades desta entidade local, e comprometeulle o seu apoio neste proxecto municipal.

Vázquez Mejuto salientou que a actuación que pretende o Concello é unha grande oportunidade para habilitar unha zona exterior que prolongue os espazos deste equipamento social e que de seguro será empregado polos usuarios deste centro de estancia como unha sala de ocio anexa.

Lembrou que a pandemia puxo de manifesto a importancia de contar con espazos abertos e accesibles nos que poder facer vida, polo que con esta actuación se habilitará unha zona de visita e de encontro entre os familiares e as persoas atendidas por este centro, na que ademais poidan estar ao aire libre.

Nese sentido, a conselleira solicitoulle ao alcalde o envío do proxecto definitivo á Dirección Xeral de Urbanismo co fin de analizalo e determinar a vía de colaboración máis apropiada para que saia adiante.

Por último, Ángeles Vázquez felicitou a rexedor por apostar por este tipo de iniciativas que melloran a calidade de vida dos veciños, ao tempo que defende un uso ordenado e sostible do territorio.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas