Home Lugo A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da...

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-124, no concello de Riotorto

- Anuncio -

― Tamén se iniciarán labores de axardinamento na glorieta da OU-536, no Pereiro de Aguiar; e proseguirán as tarefas de roza e limpeza na OU-801, ao seu paso polos municipios de Padrenda e de Ribadavia


― Ademais continuarán os traballos de acondicionamento de marxes na autovía AG-51, en Salvaterra de Miño; na AG-56, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6 Cangas-Bueu e na do Morrazo (CG-4.1.) Moaña-Cangas


― Todas estas intervencións enmárcanse no novo contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-124, no concello do Riotorto.

Ademais, nas vías autonómicas da provincia de Ourense iniciarase o acondicionamento de zonas verdes na OU-536, executando labores de axardinamento da glorieta desta estrada ao paso polo municipio do Pereiro de Aguiar.

Tamén proseguirán os traballos de roza e limpeza que se veñen desenvolvendo nestas últimas semanas na OU-801, nos municipios de Padrenda e de Ribadavia.
Na provincia de Pontevedra seguirase coas intervencións en execución nas marxes da autovía AG-51, no concello de Salvaterra de Miño; na AG-56, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas.

Seguridade viaria
Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas