Home Lugo A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das...

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Ourense

- Anuncio -

― Actuarase na estrada LU-111, no municipio lucense de Rábade, e na OU-212, ao seu paso polos municipios ourensáns de Beariz, Avión, Carballeda de Avia e Beade

― Continuarase cos labores na LU-540, en Viveiro; na LU-541, en Vilalba e Rábade; na OU-540 en Ourense; e na OU-320, nos municipios de Sandiás, Allariz e Taboadela

― Proseguirán as tarefas en execución na provincia da Coruña na estrada AC-840, en Oza-Cesuras; na VG-1.4, ao seu paso polo municipio de Fisterra; e na autovía AG-64, en Narón

― Tamén seguirán os traballos na PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra

― Estes labores levan permitido xa a roza mecánica de máis de 320 km, actuar de xeito manual nunha superficie de 112.500 m² e retirar 1.500 árbores susceptibles de provocar lumes ou de invadir a calzada

― O departamento de Infraestruturas da Xunta, mediante a encomenda á empresa pública Seaga, segue cos labores de control da biomasa nas vías, cun investimento de case 1,5 M€

A Xunta iniciará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Ourense e proseguirá cos traballos xa en marcha en estradas das provincias da Coruña e de Pontevedra.

A vindeira semana comezarán na provincia de Lugo os traballos de limpeza e roza na estrada LU-111, no municipio de Rábade. Na provincia de Ourense comezaranse estas tarefas na vía OU-212 no seu percorrido polos municipios de Beariz, Avión, Carballeda de Avia e Beade.

Ao tempo que se inician estas novas actuacións, a Xunta seguirá coas intervencións que está a desenvolver na LU-540 ao seu paso polo municipio lucense de Viveiro; e na LU-541, en Vilalba e Rábade. Na provincia de Ourense proseguirán os traballos na OU-320, nos municipios de Sandiás, Allariz e Taboadela; e na estrada OU-540, en Ourense.

Na provincia da Coruña prolongaranse os labores en execución na AC-840, en Oza-Cesuras; na vía de altas prestacións VG-1.4, ao seu paso polo municipio de Fisterra; e na autovía AG-64, en Narón.

Tamén proseguirán na provincia de Pontevedra os traballos en execución na estrada PO-531 ao seu paso polos municipios de Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra.

Estas actuacións contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade da Xunta. Dáse así cumprimento á Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”.

O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos realizados eliminan árbores que poderían caer á vía en caso de temporal e evitan que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Tamén serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da vía animais como os xabarís.

Con estes traballos tamén se dá cumprimento ao acordo do Pleno do Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2019, polo que se insta ás administracións públicas a impulsar unha redución progresiva do uso de herbicidas nas marxes das estradas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou o pasado mes de xullo estes labores, tras renovar coa empresa pública Seaga o contrato para acometer tarefas de roza e limpeza nas estradas autonómicas para previr lumes e reforzar a seguridade viaria, cun investimento de preto de 1,5 millóns de euros.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta levan permitido, desde o inicio da renovación da encomenda a Seaga, a roza mecánica de máis de 320 quilómetros lineais, actuar nunha superficie de máis de 112.500 m2 de xeito manual; ademais de propiciar a retirada de 1.500 árbores en dominio público de estradas, susceptibles de provocar lumes ou que supoñían un risco de caída na calzada.

Cada semana, unha media de 30 operarios e arredor de 15 máquinas traballan para levar a cabo estas tarefas de limpeza e control da vexetación nas marxes das estradas autonómicas.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez intensificou nos últimos anos as accións de prevención de lumes nas marxes das estradas da súa competencia, engadindo aos medios de conservación ordinaria un reforzo con encomendas á empresa pública Seaga.

Coa nova encomenda a Seaga, desde o ano 2018 a Xunta leva investidos 6,8 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas da súa competencia.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

Publicacións Relacionadas