Home Terra Chá Cospeito A Xunta completa os traballos para a restauración ecolóxica da Lagoa de...

A Xunta completa os traballos para a restauración ecolóxica da Lagoa de Cospeito, cun investimento de preto de 450.000 euros

- Anuncio -

Ángeles Vázquez lembra que esta actuación se enmarca no proxecto Mil Ríos, unha iniciativa que, cun orzamento de 5 M€, ten como obxectivo mellorar o estado ecolóxico e a adaptación ao cambio climático de medio cento de ríos e zonas húmidas de Galicia

A Xunta de Galicia vén de completar os traballos para a restauración ecolóxica da lagoa de Cospeito, que supuxeron un investimento de preto de 450.000 euros.

Durante unha visita a este humidal, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor as actuacións de mellora e restauración executadas co obxectivo de garantir un bo estado de conservación dos hábitats e as especies de flora e fauna que se localizan nesta contorna.

Máis polo miúdo, a vicepresidenta segunda explicou que, entre outras actuacións, leváronse a cabo a recuperación do bosque de ribeira, coa retirada de árbores mortas, caídas ou enfermas do río Guisande; a eliminación de especies exóticas invasoras; a mellora do campo visual dos observatorio a través da corta de arborado e desbroce da vexetación existente no campo visual dos miradoiros, e a renovación do pavimento exterior do centro de interpretación. A maiores, tamén se colocaron morróns para evitar o acceso de vehículos á lagoa, se restauraron os camiños e se renovaron os paneis informativos.

Ángeles Vázquez lembrou que esta actuación enmárcase no proxecto Mil Ríos, unha iniciativa da Xunta que, cun orzamento de 5 millóns de euros, ten como obxectivo mellorar o estado ecolóxico e a adaptación ao cambio climático de medio cento de ríos e zonas húmidas de Galicia, coa previsión de actuar sobre ao redor de 470 quilómetros.

Cómpre lembrar que a nosa Comunidade conta con máis de 31.000 km de ríos, cun alto valor ecolóxico que enriquecen os valores naturais e paisaxísticos de Galicia. De feito, os corredores fluviais constitúen un dos principais reservorios de diversidade de especies silvestres de flora e fauna de Galicia.

Con esta iniciativa, a Xunta pon en valor o papel identitario das arterias naturais de Galicia, responsables de transportar nutrientes, suavizar o clima galego e vertebrar o territorio. Ademais, o impulso por esta iniciativa leva aparellada outros beneficios, como é o impulso do emprego verde e o turismo sustentable.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas