Home Xunta de Galicia A Xunta concede máis de 8M€ a máis de 500 axudas para...

A Xunta concede máis de 8M€ a máis de 500 axudas para a transformación e a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións das subvencións outorgadas no último trimestre do ano en ambas convocatorias
  • Un total de 290 axudas corresponden aos apoios a medidas de dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector por case 1,6M€
  • As 255 subvencións restantes cun investimento de case 6,5M€ destináronse á actividade de achatarramento ou á adquisición de vehículos case unha terceira parte do total concedido no trimestre

A Xunta concedeu no último trimestre do ano pasado máis de 8 millóns de euros a máis de 500 axudas destinadas á transformación e á modernización e dixitalización das frotas de empresas privadas de transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada.

Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), 290 axudas corresponden aos apoios para modernización e dixitalización por case 1,6 millóns de euros das frotas de empresas privadas de servizos de transporte por estrada co obxectivo de incrementar a eficiencia destas empresas e do sistema de transporte por estrada, mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector. Trátase das subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro do 2024, no marco da convocatoria lanzada en abril do 2023 e dirixida a autónomos e pemes do sector, dotada con máis de 6,2 millóns de euros

Dentro das distintas categorías de solucións de modernización das empresas do sector, outorgáronse nesta quinta quenda 278 axudas dirixidas á implantación de sistema de tacógrafo intelixente de segunda xeración, 7 destináronse á integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión, 3 para  á implantación de sistemas TMS/ERP e dúas para a mellora de sistemas de ticketing.

Unha vez ditada esta resolución de concesión da axuda, o beneficiario recibirá un cheque moderniza, pola contía correspondente á actuación para a que solicitou a axuda. No suposto de presentar dúas solicitudes para dúas categorías diferentes, recibirá dous cheques moderniza. O prazo máximo para a formalización dos Acordos  de Prestación de Solucións de Modernización é de tres meses desde a notificación da resolución de concesión.

Por outra parte, as subvencións concedidas pola Xunta para a transformación de frotas entre os meses de outubro e decembro de 2024, suman 255 beneficiarios novos por un importe global de case 6,5 millóns de euros.

Abranguen catro liñas de actuación diferentes: o achatarramento de vehículos; a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono; a implantación de infraestruturas de recarga de vehículos; o retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos e a adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias.  A maioría dos expedientes concedidos corresponden a actuacións de achatarramento cun investimento de máis de case 4,4 millóns, sendo tres os que pertencen á actividade de adquisición de vehículos de enerxías limpas baixas en carbono por importe de máis de 2,1 millóns.

Trátase da novena publicación destas subvencións co obxecto de transformar as frotas favorecendo a descarbonización e a aposta por tecnoloxías verdes. A medida contou cun crédito inicial de 12,8 millóns de euros que, ante a boa acollida da iniciativa, foi incrementado en tres ocasións ata acadar un total de 30,8 millóns de euros.

Está previsto que se continúen concedendo novas subvencións no marco desta axuda durante o primeiro cuadrimestre do ano 2025, por mor dunha carta ampliación dos fondos, neste caso con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, que superará os 4 millóns de euros, polo que o investimento total chegaría ata os 34,8 millóns de euros. 

Tanto esta convocatoria como a destinada á modernización e dixitalización da fronta enmárcanse no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, xestionado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

Relacionadas

A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral costeiro da...

0
― Desde esta madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e...

Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores na alameda...

0
A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter...

A Xunta alleou 27 lotes de madeira por un millón de euros nunha poxa...

0
Os importes acadados manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas en anteriores ocasións, sendo previsible que continúen nestes niveis dado que está...

Lorenzana destaca o apoio da Xunta para reducir a factura eléctrica dos negocios e...

0
— A conselleira explica que foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme o ano pasado e que “é un exemplo da implicación das nosas pemes...

A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional

0
― Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores,...

Galicia pecha a súa presenza en FITUR con dúas propostas para continuar avanzando en...

0
Galicia puxo fin ás xornadas de presentación de destino de Fitur 2025 dirixidas ao sector profesional do ámbito turístico con dúas propostas que permiten...

Publicacións Relacionadas