Home A Coruña A Xunta concede novos carnés de voluntarios de protección civil á Agrupación...

A Xunta concede novos carnés de voluntarios de protección civil á Agrupación de Trazo

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega das credenciais aos efectivos da agrupación, coa que a Xunta tamén colabora a través da orde de axudas anual de 340.000 euros para sufragar os gastos de funcionamento das 234 organizacións da comunidade

― O Goberno galego investiu nos últimos anos 18M€ nas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da comunidade, entre os 14M€ en equipamento e outros 4M€ en custos de funcionamento

― A Xunta convocou o mes pasado 11 edicións presenciais de cursos básicos de Protección Civil descentralizados e 2 en liña para obter esta acreditación

― A AGASP oferta outros 38 cursos neste primeiro semestre para este colectivo e outra vintena descentralizados en distintos concellos galegos de formación continua co obxectivo de actualizar os coñecementos dos profesionais de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega hoxe dos carnés de voluntario aos efectivos que pasarán a integrarse na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, unha vez superado o curso básico.

Esta formación vai dirixida ao persoal voluntario que ingresa nas agrupacións, co obxectivo de proporcionarlles os coñecementos básicos para o exercicio das funcións propias de Protección Civil. O contido inclúe nocións relacionadas cos riscos, os accidentes e a autoprotección, a loita contra os incendios, as comunicacións e as actuacións básicas ante emerxencias médicas, así como un módulo sobre igualdade de oportunidades.

Santiago Villanueva destacou a importancia de contar con profesionais ben preparados e formados para atender con eficacia as emerxencias. Tamén destacou o traballo altruísta dos voluntarios para reforzar os servizos de emerxencias da comunidade.

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) convocou o pasado mes 11 edicións presenciais de cursos descentralizados para realizar edicións do curso básico de protección civil con 25 prazas e 32 horas cada un e outras 2 edicións en liña de 45 vacantes cada unha. En total 13 cursos e 365 prazas.

No caso da formación presencial vense impartindo desde a semana pasada no concello de Santiago de Compostela; nos municipios lucenses de O Incio, Chantada, e Vilalba; na cidade de Ourense e no concello ourensán de San Cristovo de Cea; así como nos municipios de Cerdedo-Cotobade e Soutomaior, da provincia de Pontevedra.

O Goberno galego aposta ademais pola formación no ámbito das emerxencias, que se leva a cabo desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), achegando aos voluntarios os contidos necesarios para actualizar o seu aprendizaxe en materias que teñan aplicación no seu traballo diario.

A Academia organiza e imparte o curso de formación básica obrigatorio para os novos membros das agrupacións de voluntarios de Protección Civil e conta ademais con plans de formación continua con cursos especializados. Así, ata xuño recibirán 38 cursos presenciais e online con case 600 prazas en materias como, por exemplo, busca de persoas desaparecidas, grandes concentracións de persoas, condición de vehículos, a coordinación ante incendios, ou operativos de plans de emerxencias.

Tamén se ofertan neste primeiro semestre do ano case unha vintena de cursos descentralizados e presenciais nas catro provincias con 424 prazas para achegar a formación aos voluntarios.

Ademais do compromiso coa formación dos servizos de emerxencias, Santiago Villanueva lembrou o apoio da Administración autonómica a estas agrupacións con case 18 millóns investidos nos últimos anos.

Por unha parte, a través das axudas para sufragar os gastos de funcionamento das agrupacións, cun investimento de máis de 4 millóns de euros, con 340.000 na convocatoria deste ano. Esta orde complétase co apoio prestado para a mellora do seu equipamento con achegas de máis de 14 millóns de euros nos últimos anos.

En conxunto, trátase dun investimento histórico de 65 millóns de euros, 44 millóns para os gastos de funcionamento -40 millóns aos GES e 4 millóns ás AVPC- e 21 millóns en equipamento -14 millóns ás AVPC e 7 para os GES-.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas