HomeXunta de GaliciaA Xunta concede os premios de ESO ao esforzo e á superación...

A Xunta concede os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal de 20 estudantes

- Anuncio -spot_img

— Valoran a capacidade de superación do alumnado de 4º de ESO fronte ás dificultades de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural

— A contía de cada premio increméntase un 25% nesta convocatoria

Un total de 20 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) veñen de resultar galardoados cos premios da Xunta de Galicia ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22, tal e como poden consultarse no Diario Oficial de Galicia.

Estes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, recoñecen a capacidade de superación destes alumnos que estudaron nese curso 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado. Para tal fin, a Consellería destina un total de 20.000 euros para estes premios a razón de 1000 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden, un 25% máis ca o ano pasado.

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal ou a súa inserción social.

Relación de centros con estudantes galardoados:

ProvinciaConcelloCentro educativo
A CoruñaAmesIES Plurilingüe de Ames
A CoruñaArteixoIES Manuel Murguía
A CoruñaCarballoIES Monte Neme
A CoruñaCulleredoIES Rego de Trabe
A CoruñaFerrolIES Ferrol Vello
LugoBurelaIES Perdouro (dous premiados)
LugoGuntínCPI Plurilingüe Tino Grandío
LugoLugoIES Nosa Sra. dos Ollos Grandes
OurenseO CarballiñoIES Nº 1
OurenseOurenseCPI Plurilingüe José García García
PontevedraCerdedo-CotobadeIES de Cotobade
PontevedraMosCPR Plurilingüe Lar
PontevedraMosIES de Mos
PontevedraSanxenxoIES de Sanxenxo
PontevedraTomiñoIES Antón Alonso Ríos (dous premiados)
PontevedraVigoIES Valadares (dous premiados)
PontevedraVigoCPR Plurilingüe Escuelas Nieto

Publicacións Relacionadas