HomeA CoruñaA Xunta conclúe o trámite do proxecto da Terminal de Autobuses Integrada...

A Xunta conclúe o trámite do proxecto da Terminal de Autobuses Integrada na Estación Intermodal da Coruña

- Anuncio -spot_img

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai público o informe de impacto ambiental correspondente, que conclúe que non son previsibles efectos significativos no medio ambiente pola construción da nova infraestrutura
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (DXCASCC) vén de formular o informe de impacto ambiental (IIA) correspondente ao proxecto de terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña-San Cristóbal, unha resolución coa que se dá por concluída a súa tramitación desde o punto de vista medioambiental.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai público o devandito informe. Logo de realizar unha avaliación ambiental simplificada da iniciativa, o órgano ambiental conclúe que non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente
pola construción da nova terminal de autobuses e, polo tanto, tampouco se considera
necesario sometela a avaliación de impacto ambiental ordinaria.
Deste xeito, serán agora o órgano promotor do proxecto (a Consellería de Infraestruturas e
Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade) e o substantivo con competencias
para autorizalo (a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo) os que deberán
continuar coa tramitación necesaria para poder levar a cabo a nova infraestrutura.
Cómpre lembrar que o proxecto da estación de autobuses da Coruña-San Cristóbal ten por
obxecto a construción dunha terminal na cidade, que se desenvolverá en paralelo entre a
avenida de Sardiñeira e a traza ferroviaria. O informe emitido pola DXCASCC pon fin á
tramitación ambiental que se iniciou o pasado verán e permitirá seguir avanzando na
execución da futura intermodal coruñesa.
Cómpre lembrar que nos últimos meses tamén se produciu outro avance importante para un
proxecto clave para mellorar a mobilidade da cidade herculina e da súa área metropolitana.
Así, a finais do pasado mes de outubro a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e
Urbanismo emitiu o seu informe sobre a modificación puntual do PXOM da Coruña no
ámbito do polígono 029 A Sardiñeira. Deste xeito, o Concello puido continuar coa tramitación dun cambio no planeamento que impulsou no seu día, precisamente, para poder desenvolver os accesos á futura estación intermodal.

Publicacións Relacionadas