Home Xunta de Galicia A Xunta convoca a través da AGASP 11 cursos de formación concinua...

A Xunta convoca a través da AGASP 11 cursos de formación concinua para o persoal dos servizos de emerxencias da comunidade

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas actividades incluídas no plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública para este ano


— Seis dos cursos van dirixidos a persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais (GES), servizos municipais de protección civil e emerxencias


— Outros cinco van destinados ás agrupacións de voluntarios de protección civil

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe dúas convocatorias da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para a realización de 11 actividades formativas dirixidas aos servizos de emerxencias da comunidade.

En concreto, a través da publicación de hoxe convócanse, por unha parte, seis actividades formativas, aos efectivos dos servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias. Entre o 9 de outubro e o 21 de novembro celebraranse un curso básico de altura e módulos relacionados coa investigación causal de incendios, rescates na contorna urbana e intervencións con risco eléctrico, con vehículos especiais e en espazos confinados.

Por outra banda, para o persoal das agrupacións de voluntarios de protección civil, o DOG publica hoxe outros cinco cursos que se levarán a cabo entre o 11 de outubro e o 24 de novembro e están relacionados coa condución de vehículos todocamiño, a actuación con vítimas de xénero, o uso de Google Earth nos dispositivos de emerxencias, así como a colaboración do voluntariado de protección civil en dispositivos ante grandes concentracións humanas e a coordinación operativa en plans de emerxencias.

O prazo de inscrición ábrese mañá e prolóngase dez días naturais. Deberá facerse a través do formulario habilitado na web da Agasp. (http://agasp.xunta.gal). A Academia publicará na súa web http://agasp.xunta.gal a relación de persoas seleccionadas para participar en cada un dos cursos.

Estas actividades forman parte do plan de formación continua da AGASP para este 2023, con case 300 cursos para persoal de emerxencias con preto de 8.300 prazas. A Academia, no marco deste plan, inclúe outras accións formativas para actualizar os coñecementos dos profesionais dos corpos e forzas de seguridade que traballan en Galicia.

Relacionadas

Belén do Campo asiste ao ingreso de Rosa Cedrón na Real Academia de Belas...

0
Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea A delegada da Xunta, Belén do...

A Xunta pon en valor o evento ‘Da Néboa Experience’ para impulsar a visibilidade...

0
A xerente da Fundación Artesanía Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á inauguración deste mercado de Nadal que se celebra ata mañá domingo na Coruña e...

A Xunta adxudica por 2,5 millóns de euros a execución das obras da plataforma...

0
Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo...

Román Rodríguez clebra o recoñecemento nacional ao programa EduInspira, impulsado pola Xunta e a Cámara de Comercio...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou a Cámara de Comercio da Coruña, onde o seu presidente, Antonio Couceiro, lle...

A Xunta pon en valor os máis de 800 proxectos de éxito apoiados ao...

0
O titular de Emprego salienta as oportunidades que ofrece o talento retornado para consolidar Galicia como un referente estatal e europeo no eido do...

A Xunta eleva ata máis de 10,5M€ as axudas a entidades sen ánimo de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde coa ampliación de orzamento desde os case 9,3 millóns de euros iniciais, que xa...

Publicacións Relacionadas