Home Xunta de Galicia A Xunta convoca con case 2,3 M€ as axudas de 2025 para...

A Xunta convoca con case 2,3 M€ as axudas de 2025 para impulsar a formación e asesramento en materia de prevención de riscos laborais

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe e estes apoios destinados ao fomento da prevención de riscos laborais e a actividades neste eido, que este ano se unifican nunha mesma orde para avanzar na simplificación administrativa
  • Este programa está dirixido ás organizacións empresariais e sindicais, sectoriais e intersectoriais, fundacións sectoriais e ás asociacións de autónomos e estímase que del se poidan beneficiar unhas 55 entidades
  • Algúns exemplos de actuacións financiadas con estes apoios son cursos básicos transversais de prevención de riscos laborais ou outros sectoriais relacionados coa seguridade e saúde en actividades como a hostalaría e a construción, entre outros
  • Priorizarase, entre outros, o apoio á formación para a poboación traballadora de máis de 55 anos ou a cualificación en prevención de riscos nas novas formas de organización do traballo e en sectores laborais feminizados

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste ano das axudas destinadas ao fomento da prevención de riscos laborais e a actividades neste eido cun orzamento de case 2,3 millóns de euros. Como novidade este ano, unifícanse ambas liñas de axudas nunha mesma convocatoria, avanzando así na simplificación administrativa.

O programa de achegas está dirixido ás organizacións empresariais e sindicais galegas, sectoriais e intersectoriais, así como ás fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral e ás asociacións de autónomos e estímase que se poidan beneficiar desta convocatoria unhas 55 entidades. 

Das dúas liñas de axudas que contén a iniciativa, a primeira está destinada a financiar accións de formación e asesoramento en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial e sectorial e está dotada con máis de 1,6 M€.

As actividades de carácter intersectorial son as realizadas esencialmente polos gabinetes técnicos de Seguridade e Saúde Laboral das entidades solicitantes e algúns exemplos de actuacións que se teñen apoiado son cursos básicos transversais de prevención de riscos laborais ou de protección da saúde para a mellora das condicións de traballo e adaptacións de postos.

En canto ás accións de carácter sectorial, van en función dos distintos sectores solicitantes e con estes apoios téñense financiado cursos como os de prevención de riscos ergonómicos para cociñeiros no ámbito da hostalaría e no da construción a formación de coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras. Outro exemplo de cursos que se apoian é o de operador ou de manexo seguro de carretillas elevadoras ou de plataformas elevadoras.

A segunda liña de achegas promoverá actividades preventivas tamén de carácter intersectorial ou sectorial, entre elas xornadas técnicas de prevención de riscos laborais, seminarios, estudos e traballos técnicos e publicacións e conta con máis de 655.100 euros.

Detalles da convocatoria

A Xunta outorgará na resolución da convocatoria unha maior puntuación ás entidades atendendo a criterios de paridade nos seus cadros de persoal ou de estabilidade no emprego. Priorizarase a formación en poboación traballadora de máis de 55 anos ou a cualificación en prevención de riscos nas novas formas de organización do traballo e en sectores laborais feminizados.

Estas achegas poden solicitarse desde mañá ata o 27 de febreiro e as entidades interesadas poden consultar os requisitos específicos para poder acceder a estes apoios na orde que publica hoxe o DOG.

Ligazón á convocatoria no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250127/AnuncioG0767-301224-0009_gl.html

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por vento na Mariña Lucense

0
―      Suspéndese por este motivo mañá pola mañá a actividade deportiva federada e do programa Xogade nos 15 concellos da MariñaTamén estará activa en...

Rueda asina concello de Poio un convenio para invertir 1,7 M€ na primeira fase...

0
Lembra que se trata “dunha das zonas urbanas máis transitadas de Galicia” ao ser a vía de entrada e saída da cidade de PontevedraA...

A Xunta esíxelle ao Goberno central a celebración da conferencia sectorial de transportes para...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou hoxe en Madrid na Comisión de directores xerais de Transporte do Estado e das Comunidades Autónomas...

A Xunta defende que a promoción da lingua e a cultura galegas por parte...

0
No debate de totalidade do Proxecto de lei de medios, o  conselleiro  de Presidencia subliñou que se trata dunha lei “útil” para lingua, a...

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co premiado Alberto...

0
— A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería...

Belén do Campo informa do compromiso daXunta coas dotacións culturisa locais a través de dúas...

0
― A delegada explicou o programa ‘Ler conta moito’, unha liña dotada con 195.000€, que está dirixida a colaborar cos concellos na programación de...

Publicacións Relacionadas