Home Xunta de Galicia A Xunta convoca cursos de formación continua para persoal das agrupacións de...

A Xunta convoca cursos de formación continua para persoal das agrupacións de Protección Civil

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as accións formativas, que suman preto de 400 prazas e se impartirán a través da Academia Galega de Seguridade Pública
  • Ademais, hoxe ábrese o prazo para acceder á formación continua para persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento, dos Grupos de Emerxencias supramunicipais (GES) e dos servizos municipais de Protección Civil
  • Enmárcanse na programación formativa para o primeiro semestre do ano, que no eido das emerxencias suma 250 edicións para impartir case 9.000 horas lectivas a 7.500 profesionais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para a realización de 16 edicións dos cursos de formación continua dirixidos ao persoal das agrupacións de voluntarios e voluntarias de Protección Civil (AVPC). As accións formativas, que suman preto de 400 prazas, impartiranse ao longo do primeiro semestre do ano e inclúen sesións de carácter presencial, semipresencial e en liña.

Así, requírese presencialidade na sede da Agasp para asistir aos cursos de apoio psicolóxico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencia e catástrofe, busca de persoas desaparecidas no medio rural con equipos caninos e outros medios, comunicacións en emerxencias, coordinación operativa en plans de emerxencia, intervención e regulación do tráfico, rescate en lugares de difícil acceso e riscos climáticos.

Pola súa banda, as sesións sobre accidentes na estrada, organización e seguridade en eventos multitudinarios e sobre primeiros auxilios terán carácter semipresencial e as centradas en actuación inicial coas vítimas de violencia de xénero e en Google Earth para dispositivos de emerxencia e colaboración en dispositivos ante grandes concentracións humanas deberán seguirse en liña.

O prazo de inscrición ábrese mañá e prolóngase ata o 10 de marzo. Deberá facerse a través do formulario habilitado na web da Agasp (http://agasp.xunta.gal).

Formación para persoal de emerxencias

A convocatoria súmase á publicada onte no Diario Oficial de Galicia para a realización de 25 edicións dos cursos de formación continua destinados ao persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento, aos Grupos de Emerxencias supramunicipais (GES) e os servizos municipais de Protección Civil. As accións formativas suman máis de 640 prazas e desenvolveranse ao longo do primeiro semestre do ano.

A programación formativa inclúe cursos en modalidade presencial, semipresencial e en liña. Trátase de formación práctica orientada ao labor que desenvolve de xeito cotiá o persoal dos distintos servizos de emerxencias, con contidos como rescate en ríos e inundacións, en ascensores, en espazos confinados, en aeroxeneradores  ou na contorna urbana. Abórdanse tamén as intervencións con autoescaleiras, con risco eléctrico, con vehículos especiais ou en espazos confinados, así como investigación causal de incendios, uso de medios de extinción non habituais ou normativas e prevención de riscos de incendios e emerxencias, entre outras temáticas.

As persoas interesadas en inscribirse nos cursos poden presentar xa a solicitude a través do formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal). O prazo para facelo é ata o 3 de marzo.

Centro formativo de referencia

A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia e tamén dos servizos de emerxencias. Ademais de preparar as novas promocións de Policía Local, ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario para garantir a seguridade dos galegos e galegas.

Estes cursos enmárcanse no plan de formación previsto pola Agasp para o primeiro semestre de 2025 dirixido ao persoal dos servizos de emerxencias que actúan en Galicia e que foi aprobado esta mesma semana na xuntanza do Consello Reitor da entidade. NO eido das emerxencias ofértanse case 7.500 prazas para realizar preto de 9.000 horas lectivas nas 250 accións formativas programadas para voluntarios de Protección Civil e efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), así como axentes forestais e ambientais. Inclúese tamén aquí a formación en materia de socorrismo impartida para a inscrición no Rexistro Profesional de persoal socorrista e que foi convocada o pasado martes.

Relacionadas

A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta o seu...

0
Os acordos buscan promover labores de conservación e limpeza dos ríos na súa área de influencia e impulsar tamén a remuda xeracional nesta práctica...

Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova tempada co...

0
_Destaca algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa...

López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para...

0
Fai fincapé na relevancia de accións que fagan incrementar o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións...

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a elaborar os seus propios disfraces para reducir a...

0
Avoga por recuperar o carnaval máis tradicional onde os disfraces se facían con materiais que tiñamos pola casa, tal e como seguen facendo os...

A Xunta celebra que un científico de prestixio mudial como Ángel Carracedo se achegue...

0
— O conselleiro de Educación recibe ao experto en medicina xenética no CIFP Ánxel Casal da Coruña, onde visita os laboratorios do centro e...

A Xunta renova o convenio de colaboración cos colexios de graduados sociais de...

0
A iniciativa, que se vén desenvolvendo desde 2021, busca resolver dúbidas e achegar información e asesoramento personalizado en materia de relacións laboraisO servizo seguirá...

Publicacións Relacionadas