Home Xunta de Galicia A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3

- Anuncio -
  • A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglés
  • Está dirixida a persoas que non teñan título da ESO ou Bacharelato e que desexen cursar certificados profesionais que inclúen como requisito esa formación
  • Desenvolveranse dúas probas, en maio e en outubro, para que os participantes que no primeiro exame non superaran algunha competencia na que se inscribiron teñan unha segunda oportunidade sen ter que agardar a unha nova convocatoria
  • Desde 2009 xa participaron neste procedemento preto de 46.000 galegos e galegas

A Xunta convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos, acceder á formación para o emprego e cursar os certificados profesionais que requiren deses requisitos académicos.   

O Goberno galego estima que unhas 3.000 persoas poidan acceder á convocatoria 2025, na que se valorarán as competencias das persoas participantes en matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés.

A presentación de solicitudes será desde mañá ata o vindeiro 14 de febreiro e pode realizarse a través da Sede Electrónica da Xunta (código de procedemento TR306A). Está previsto que os exames teñan lugar na segunda quincena de maio e na primeira de outubro. Esta última data ofréceselles aos participantes que se presenten á primeira proba e que, como resultado da mesma lles quede pendente de superar algunha competencia na que se inscribiron. Así, dáselles a oportunidade de completar a superación de todas as competencias clave sen necesidade de ter que esperar a unha nova convocatoria.

O Goberno galego convoca estas avaliacións co obxectivo de facilitar que as persoas traballadoras galegas poidan acceder ás accións formativas dos certificados profesionais de nivel 2 e 3, que requiren estar en posesión de titulacións mínimas ou ter as competencias clave necesarias. Para acadalas, ademais de facer as probas que hoxe se convocan, as persoas interesadas tamén poden realizar cursos de formación específicos.

Con estas medidas a Xunta trata de favorecer o acceso á cualificación profesional de galegos e galegas, sen que a súa formación académica previa poida resultar un impedimento á hora de incrementar as súas opcións laborais no futuro.  

Co obxecto de facilitar a preparación á proba, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten a disposición no Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría, de xeito que as persoas que o desexen, ao seu ritmo en modo autoformación, poidan prepararse para concorrer a estas probas. Pódese acceder través da seguinte ligazón: https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave/autoformacion-campus-virtual.

Ligazón á convocatoria no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioG0767-121224-0001_gl.html

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

As visitas nos Museos da Xunta medran un 23% no ano 2024 ata superar...

0
— No balance do exercicio están incluídos 13 centros xestionados polo Executivo autonómico nas catro provincias galegas — Entre os espazos, destaca o incremento de...

Publicacións Relacionadas