Home Xunta de Galicia A Xunta convoca máis dun milleiro de prazas de formación en idiomas...

A Xunta convoca máis dun milleiro de prazas de formación en idiomas para o sector turístico no Xacobeo máis internacional

- Anuncio -

— Os cursos van dirixidos aos profesionais do sector turístico a través da súa plataforma de Teleformación e contan máis dun 20% por riba das vacantes de 2020

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, pon en marcha de xeito gratuíto a oferta de cursos de idiomas para mellorar a calidade do destino e a acollida de peregrinos e turistas internacionais cun total de 1.100 prazas, un 22% máis que as 900 de 2020. A formación vai dirixida aos profesionais do sector turístico galego co obxectivo de mellorar os seus coñecementos en lingua inglesa, francesa, alemá, italiana e portuguesa.

Trátase dunha formación flexible e adaptada ao nivel de cada alumno, con 12 niveis no caso de inglés, ademais de A1 en francés e italiano, A2 e B1 en portugués, e A1 e A2 en alemán. Os alumnos poden compaxinar os cursos coa súa profesión turística ao ter dispoñibilidade horaria para facela, cun total de 12 semanas de formación, e 75 horas de formación repartidas en dous períodos de formación, un de 6 semanas de maio a xuño e outro doutras 6 semanas de setembro a outubro.

Os alumnos poderán mellorar o seu nivel de idiomas para comunicarse cos clientes, e mellorar a información nos seus establecementos en outras linguas, tanto en soporte escrito, webs ou redes sociais. Ademais, os alumnos disporán dun titor personalizado para resolver as dúbidas que o acompañará durante todo o curso.

A oferta de formación en outras linguas, ademais do inglés, realizase desde 2020, logo da conclusións do Estudo de necesidades de formación realizado nas diferentes rutas do Camiño de Santiago polo departamento de Consultoría e Formación do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), no que se determinou que a procedencia internacional nas diferentes rutas ten necesidades distintas.

As persoas que desexen participar poden facelo solicitando a súa praza ate o día 12 de maio a través de turismo.gal/formación.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas