Home Xunta de Galicia A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos...

A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares para mellorar a imaxe exterior de edificios, elementos etnográficos e vivendas

- Anuncio -

— O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do vindeiro 20 de xaneiro

— As entidades locais de menos de 20.000 habitantes optarán a achegas de, como máximo, 40.000 € e no caso dos cidadáns particulares o límite será de 3.000 €

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a quinta convocatoria das axudas da Xunta para a corrección de impactos paisaxísticos, destinadas a concellos e a cidadáns particulares. Cun orzamento global para 2025 de 2 millóns de euros, o prazo de presentación das solicitudes abrirase a partir do vindeiro 20 de xaneiro co fin de que os interesados poidan dispoñer duns días de marxe para analizar a convocatoria e recompilar a documentación requirida.
En concreto, a orde de axudas do Instituto de Estudo do Territorio (IET) dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes está dotada con 1 millón de euros e inclúe dúas liñas diferenciadas: a primeira —liña 1— para actuacións en edificios e dependencias municipais e a segunda —liña 2— para obras en construcións, equipamentos públicos e bens do patrimonio etnográfico local como fontes, lavadoiros, hórreos e palcos de música que, polo seu deterioro exterior, provoquen distorsións sobre a contorna.
Neste caso, o importe máximo das subvencións ás que poden aspirar as entidades solicitantes ascende a 20.000 euros por liña de forma que, en total, cada concello beneficiario poderá recibir, como máximo, 40.000 euros.
Así mesmo, a outra orde convocada hoxe no DOG (cun orzamento tamén de 1 millón de euros) vai destinada a apoiar a propietarios particulares con proxectos para a mellora da imaxe exterior das súas vivendas e doutras construcións adxacentes —como muros de peche, por exemplo—. Os cidadáns que resulten beneficiarios poderán recibir unha achega de ata 3.000 euros.
As contías máximas previstas en ambas ordes de axudas permitirán cubrir ata o 70% do investimento total subvencionable de forma que os cidadáns e os concellos beneficiarios terán que completar para chegar ao 100%, polo que, na práctica, se mobilizarán preto de 2,9 millóns de euros grazas á concesión destes incentivos.
Ademais, no caso das entidades locais que resulten beneficiarias prevese a posibilidade de que soliciten o cobro dun anticipo equivalente ao 70% da axuda.
Esta medida facilitaralles liquidez aos concellos para a contratación do inicio e da execución das actuacións xa que no propio momento da resolución da subvención lles será aprobado o anticipo.
Grazas aos 2 millóns de euros cos que estarán dotadas inicialmente ambas liñas de incentivos, o IET prevé axudar este ano a medio cento de municipios e a case 400 cidadáns a mellorar a imaxe dos seus inmobles.

Relacionadas

Xosé Merelles estudia un encontro co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no...

Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se...

0
 Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio...

A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o...

0
Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sectorDestaca que...

A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a máis de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano...

A Xunta lanzará este ano a 2ª edicióndo proxecto Fixar para continuar impulsando a...

0
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o...

A Xunta outorga os premios aos mellores estudantes de Ensinanzas Artística

0
— O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións destes galardóns, dotados con 3.500 e 1.000€, respectivamente — Recoñécese o desempeño excelente de alumnos en...

Publicacións Relacionadas