Home Xunta de Galicia A Xunta convoca un curso de recolector de recursos específicos con técnicas...

A Xunta convoca un curso de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo para 12 persoas

- Anuncio -

— O prazo de matrícula está aberto ata o vindeiro 14 de abril e as accións formativas impartiranse no Instituto Galego de Formación en Acuicultura entre maio e xuño


— Antes da realización do curso os matriculados deberán superar unhas probas físicas en piscina e someterse ao test de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico

A Consellería do Mar convocou esta semana un novo curso de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). O prazo de matrícula neste curso, que conta con 12 prazas, está aberto ata o vindeiro 14 de abril.
Esta acción formativa, que se impartirá na sede do Igafa, na Illa de Arousa, será entre o 15 de maio e o 7 de xuño en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. A finalidade desta formación é que as alumnas e alumnos matriculados poidan acreditar a súa capacidade para traballar nun plan de explotación a mergullo para extraer recursos específicos como algas, ourizos, peneiras ou longueirón, entre outros.
Antes da realización do curso as persoas matriculadas deberán facer unhas probas físicas en piscina. O listado das seleccionadas para realizar as probas físicas publicarase o 25 de abril no taboleiro de anuncios do Igafa e na web da Consellería do Mar. A data de realización das probas físicas será o 28 de abril ás 16.00 horas. Unha vez superadas estas probas deberán realizar o test de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico, que terá lugar o 12 de maio ás 16.00 horas e as persoas candidatas que non superen esta proba quedarán automaticamente excluídas.
As persoas interesadas en matricularse nos cursos poden consultar os requisitos necesarios, a documentación que teñen que presentar, os criterios de selección e o material necesario para realizar os cursos na convocatoria publicada no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Formación en Acuicultura e na web da Consellería do Mar no seguinte enlace.

Relacionadas

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir...

0
― Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor” ―...

A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo Montecelo de...

0
― Estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía...

O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de...

0
— En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país — É froito da colaboración...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Galicia aposta no Comité Europeo das Rexións por un mecanismo para superar os obstáculos...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE interveu durante o pleno para amosar o apoio galego á creación dunha ferramenta para...

Publicacións Relacionadas