Home Xunta de Galicia A Xunta creará un consello técnico na futura lei de administración ambiental...

A Xunta creará un consello técnico na futura lei de administración ambiental simplificada para favorecer a participación no deseño das políticas ambientais

- Anuncio -

Ángeles Vázquez salienta a importancia da rolda de contactos iniciada o mes pasado cos principais sectores, organizacións profesionais e entidades afectadas pola futura norma, unha vez finalizada a consulta pública previa e iniciada a redacción do primeiro borrador

A Xunta impulsará a creación do Consello Técnico de Políticas Ambientais de Galicia como novo órgano consultivo e de cooperación para favorecer a participación das administracións públicas e dos sectores máis representativos no eido profesional, económico, social e universitario no seguimento e impulso das políticas ambientais na comunidade.
Así llo trasladou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, a representantes dos órganos directivos dos colexios oficiais de Enxeñeiros Industriais, Enxeñeiros Agrónomos e Enxeñeiros de Minas, ademais das organizacións profesionais de Químicos e de Biólogos de Galicia, cos que se reuniu para abordar o contido e obxectivos da futura Lei de administración ambiental simplificada de Galicia.
De feito, esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos iniciada polo departamento autonómico a finais do pasado mes de outubro co fin de consensuar o documento inicial cos principais sectores, colectivos e entidades que, pola súa actividade profesional ou finalidade principal, se poidan ver afectados directa ou indirectamente pola futura lei.
Unha vez superada a fase de consulta pública previa da norma, que finalizou o pasado 1 de setembro, a conselleira aproveitou a reunión para explicarlles aos representantes dos colexios citados que o próximo paso será abordar a redacción do borrador normativo ao tempo que seguirá citando a outras entidades para coñecer a súa opinión de cara a recompilar ideas e buscar un texto participado e de consenso.
Neste sentido, Vázquez Mejuto subliñou a importancia de que as entidades e colectivos interesados teñan ocasión de expoñer os problemas que cren que a norma pode resolver para garantir que responda tamén ás demandas e necesidades do sector.
Os encontros prolongaranse ao longo de novembro e decembro co obxectivo de poder contar cun primeiro borrador da norma antes de que remate o ano e remitir o proxecto ao Parlamento galego para a súa aprobación en 2025.
Cómpre lembrar que coa Lei de administración ambiental simplificada a Xunta aspira a situar Galicia nunha posición de vangarda a través da aprobación dun dos ordenamentos ambientais máis modernos e innovadores de todo o país, que garanta e ofreza á vez a seguridade xurídica que demandan neste eido tanto promotores como administracións.

Relacionadas

López Campos pon en valor a pegada da arquitectura na identidade cultural e social...

0
— A mostra conmemora o 175 aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes cun percorrido polas obras dos 23 arquitectos académicos de honra...

A Xunta analiza coa Federación Galega de Xoiería medidas para promover o comercio local...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, abordou hoxe nunha xuntanza con...

A Xunta defende unha fronte común para reivindicar o avance na liña de alta...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avogou no Parlamento pola necesidade de que institucións, entidades empresariais, autoridades portuarias e outros actores do...

Rueda destaca a conexión ferroviaria do Porto Exterior da Coruña como exemplo do potencial...

0
— Asegura que esta infraestrutura é “moi importante” para o “desenvolvemento económico de toda Galicia” — Valora a aposta que se está facendo nestas instalacións...

Medio ambiente expón o seu sistema de coordinación para prever e actuar ante eventos...

0
― Ángeles Vázquez pon como exemplo a coordinación establecida entre MeteoGalicia e Augas de Galicia para predicir con maior precisión, de forma continua, automática...

Preto de 1400 alumnos de 51 Centros Educativos Galegos formaranse no uso seguro das...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa na inauguración do certame, na que os estudantes aprenden competencias en ciberseguridade — A iniciativa,...

Publicacións Relacionadas