Home Ourense Baixa Limia A Xunta culmina catro anos de traballo no marco do proxecto europeo...

A Xunta culmina catro anos de traballo no marco do proxecto europeo Shelter para mellorar a resiliencia do Parque Natural do Xurés ante o cambio climático

- Anuncio -

— Durante a súa intervención Sagrario Pérez expuxo algunhas das principais iniciativas impulsadas pola Xunta nesta materia, como a Alianza galega polo Clima, a Misión de adaptación europea ou a futura Lei do clima autonómica, entre outras


— As conclusións do proxecto a nivel global presentaranse en abril en Venecia

A Xunta puxo hoxe fin a catro anos de traballo no marco do proxecto de investigación europeo H2020 SHELTER, cuxas accións a nivel local en Galicia se centraron no parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, cunha xornada en Lobios sobre a resiliencia climática neste espazo que serviu de peche aos traballos desenvolvidos na Comunidade galega desde 2019 e cuxos resultados a nivel local foron expostos ao longo do día por parte dos diferentes relatores.
No marco da xornada —que reuniu a máis de 40 asistentes e tivo unha moi boa acollida entre a veciñanza e as comunidades de montes do parque— contouse coa participación dos coordinadores europeos do proxecto, de varios alcaldes dos concellos do Xurés e persoal de distintos departamentos da Xunta de Galicia, un exemplo da colaboración e do traballo transversal necesarios para avanzar na loita contra o cambio climático e a protección do patrimonio natural, obxectivos fundamentais do proxecto Shelter.

Durante as distintas presentacións realizadas púxose en valor a grande variedade de flora e fauna que alberga o Xurés, con algunhas especies que non se atopan en ningún outro lugar do mundo, así como o importante acervo histórico e cultural desta zona.

Neste sentido, cómpre subliñar que o parque natural é un gran exemplo de como a natureza e a cultura poden convivir polo que resulta especialmente relevante protexelo fronte ao efectos do cambio climático, que aumenta a vulnerabilidade dos seus valores.

Nesta liña, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, aproveitou a súa intervención durante a clausura do evento para facer fincapé na importancia de traballar na resiliencia dos espazos naturais, salientando algunhas das principais iniciativas na loita contra o cambio climático lideradas pola Xunta como a Alianza polo Clima, a futura Lei do clima autonómica, a selección de Galicia para participar na Misión de adaptación europea ou o SICLE-CO2.

A xornada finalizou cunha visita dos asistentes ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés onde se puideron ver algunhas das actuacións desenvolvidas para a protección do medio, así como coñecer elementos de gran valor do patrimonio cultural e natural deste espazo, rematando o evento cunha andaina pola Vía Romana.
Esta xornada xorde dentro do contexto do proxecto H2020 SHELTER, que se puxo en marcha no ano 2019 co obxectivo principal de minimizar a vulnerabilidade do patrimonio cultural e natural ante calquera tipo de ameaza relacionada co clima e os riscos naturais escollendo a tal fin lugares representativos dos principais desafíos climáticos e medioambientais aos que se enfronta Europa a modo de laboratorios abertos. Aínda que os resultados locais da iniciativa déronse a coñecer hoxe en Lobios, a nivel global o peche terá lugar nunhas xornadas internacionais que se celebrarán a finais de abril na sede de UNESCO (socio do proxecto) en Venecia.
Visitas divulgativas e implicación dos escolares da zona
O evento celebrado en Lobios puxo fin aos traballos desenvolvidos en Galicia dentro do Shelter e tamén ás xornadas de mellora da resiliencia climática que se desenvolveron ao longo do mes de marzo neste Parque Natural.

En concreto, entre o 10 e o 22 de marzo máis de 350 estudantes pertencentes a unha decena de centros educativos coñeceron o valor patrimonial e ambiental do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés. As visitas estiveron enmarcadas como unha actividade de divulgación ambiental e sensibilización fronte ao cambio climático nas que participaron en faladoiros sobre os valores naturais deste espazo natural protexido e se lles expuxo como o parque está a servir de laboratorio aberto sobre cambio climático e os riscos ambientais no marco do proxecto Shelter.
Por outra banda, a primeiros deste mes, comezaron as actuacións de mantemento e xestión da biomasa do Rebolar de Corvelle no concello de Bande, finalizadas a pasada semana. O obxectivo foi actuar dentro do parque natural mellorando a conservación e a resiliencia climática deste bosque galaico-portugués, composto por carballos e cerquiños e característico da rexión atlántica do noroeste peninsular.
Tanto as visitas dos centros educativos ao parque como as tarefas de mellora e recuperación dos hábitats sinalados enmárcanse no Plan de Acción desenvolvido baixo o paraugas do proxecto Shelter desde o ano 2019 e en cuxa elaboración participaron activamente as asociacións locais.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas