Home A Coruña A Xunta dá luz verde ambiental á construción dunha planta de hidróxeno...

A Xunta dá luz verde ambiental á construción dunha planta de hidróxeno nas Pontes de García Rodríguez

- Anuncio -

Trátase do primeiro proxecto industrial estratéxico de Galicia e permitirá localizar no concello coruñés unha nova fábrica con capacidade de produción final de ata 100 MW

A Xunta informou favorablemente desde o punto de vista medioambiental o proxecto para a construción dunha planta de produción de hidróxeno no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental emitida pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tras analizar o expediente. Con esta resolución, ponse fin á tramitación ambiental de H2Pole, polo que os promotores da actuación —Reganosa e EDP Renovables España— poderán seguir cos trámites para a súa construción.
Neste sentido, cómpre lembrar que a iniciativa para promover unha planta de hidróxeno verde nas Pontes foi a primeira en obter a declaración como proxecto industrial estratéxico de Galicia, unha figura que permite reducir os prazos da tramitación á metade mantendo todas as garantías xurídicas durante o procedemento.
Cun investimento previsto de 156 millóns de euros, H2Pole estará integrada por unha planta de produción de hidróxeno verde cunha capacidade nominal prevista de ata 100 MW e polas liñas e subestacións necesarias para a alimentación eléctrica renovable das instalacións, así como as canalizacións para a distribución do hidróxeno, tanto para a inxección na rede de transporte de gas como a clientes directos.
Os promotores pretenden desenvolver o uso de hidróxeno renovable para os diferentes usuarios finais e contribuír tanto á descarbonización do sector enerxético como a potenciar unha área especialmente afectada pola deslocalización industrial como é As Pontes, un dos municipios que forma parte dos convenios de transición xusta.
Fábrica de pneumáticos
Así mesmo, hoxe publícase no DOG outro anuncio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda polo que se lle dá publicidade á declaración de impacto ambiental favorable ao proxecto de implantación dunha nova fábrica de pneumáticos no concello das Pontes de García Rodríguez.
Promovida por Sentury Tire Spain, a fábrica integrará unha serie de edificios de produción, xestión e servizos auxiliares e terá unha capacidade de produción anual de 12 millóns de pneumáticos, segundo consta no propio proxecto.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Ortigueira que...

0
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 9 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para...

A Biblioteca Municipal de San Sadurniño organiza un concurso de ilustracións sobre a obra...

0
Os orixinais poderán presentarse entre o 23 de febreiro e o 3 de marzo O Concello tamén fai un chamamento á participación na manifestación de...

O presidente da Deputación deplazouse a Ribeira para dar a coñecer o plan de...

0
Hoxe tivo lugar a visita do presidente da Deputación, Valentín González ao Concello de Ribeira o presidente puxo en valor o Plan de Obras...

O Concello solicitará subvencións europeas para diversas actuacións que suman 16 millóns de euros

0
O Concello de Oleiros vai presentarse á próxima convocatoria de fondos europeos para recibir financiamento para diversas actuacións que no seu conxunto suman 16...

Lixeiro descenso do número de familias en situación de vulnerabilidade

0
Nun ano, o número de familias en situación de vulnerabilidade pasou de 284 a 274. É dicir, houbo un lixeiro descenso. Non se duplicaron. O...

Mañá, día 11 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para a primeira ruta...

0
O Concello de Oleiros organiza o vindeiro 22 de febreiro unha ruta desde a Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao...

Publicacións Relacionadas