Home Xunta de Galicia A Xunta dá luz verde ambiental ás repotenciacións de tres parques eólicos...

A Xunta dá luz verde ambiental ás repotenciacións de tres parques eólicos coa que se eliminarán máis dun cento de aeroxeradores

- Anuncio -
  • Os proxectos Coriscada, Serra da Panda e Muras, que suman unha potencia de preto de 90 megavatios, pasarán de contar cun total de 124 muíños a só 23
  • Estas actuacións contribúen ao obxectivo do Executivo galego de avanzar no proceso de descarbonización e de transición enerxética da comunidade

A Xunta de Galicia resolveu favorablemente as declaracións de impacto ambiental (DIA) de tres proxectos de parques eólicos na comunidade que permitirán reducir en 111 os aeroxeradores instalados no territorio, ao pasar dos 134 actuais a só 23.

Os anuncios, publicados hoxe no Diario Oficial de Galicia, correspóndense cos parques eólicos Coriscada e Serra da Panda (os dous entre os concellos coruñeses de Mañón e Ortigueira) e co de Muras (entre os lucenses de Muras e Ourol).

A repotenciación do parque eólico Muras, cunha potencia de 47,3 megavatios, suporá o cambio de equipamentos e instalacións asociadas a el para pasar de contar con 74 aeroxeradores a só 11. Mentres, no caso de Coriscada reducirase o número de muíños de 40 a 4, para unha potencia total de 24 megavatios, e no de Serra da Panda baixarase a 8 aeroxeradores, fronte aos 24 actuais, cunha potencia total de preto de 18,5 megavatios.

Estas modificacións nos parques traduciranse nunha mellora substancial da súa eficiencia reducindo o impacto na contorna pois a repotenciación consiste xustamente en substituír as máquinas instaladas por outras máis modernas e eficientes, de forma que con moitos menos aeroxeradores se garante practicamente a mesma potencia ou se incrementa incluso de maneira considerable a produción de enerxía renovable.

Estes proxectos de repotenciación, dos que deu conta o Consello da Xunta o pasado 3 de febreiro xunto a outros coa avaliacións ambientais aprobadas no último ano, enmárcanse no obxectivo do Executivo autonómico de avanzar no proceso de descarbonización e transición enerxética da comunidade. De feito, aplica o mesmo criterio que a Unión Europea, que considera as enerxías renovables de interese público superior -tanto se se trata de proxectos de nova implantación como de melloras a realizar nos existentes- xa que contribúen a facer fronte ao cambio climático, á seguridade e á saúde das persoas.

Neste sentido, o Goberno galego deu luz verde ambiental no último ano aos proxectos de repotenciación voluntaria de nove parques eólicos -entre os que se atopan estes tres-, o que suporá eliminar 286 aeroxeradores do territorio galego ao pasar dos 361 que suman na actualidade estas nove iniciativas a unicamente 75. As modificacións previstas tamén permitirán incrementar un 35% a produción de enerxía renovable e reducir en 100.000 toneladas as emisións anuais de dióxido de carbono á atmosfera, o equivalente ás que xerarían 81.000 coches circulando durante un día.

Relacionadas

A Xunta impulsa a reedición da obra “El Camino de Santiago. El libro olvidado...

0
Xosé Merelles presentou xunto co director da Casa de Galicia de Madrid, Luis Ramos, o libro que narra a ruta xacobea desde a perspectiva...

A Xunta avalía novas vías de colaboración co concello de Valga para poñer en...

0
Antón Acevedo sinalou que o Executivo Galego destinou o pasado ano máis de 275.000€ para o bono coidado no fogar neste municipio O director xeral...

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e...

0
―      O Goberno galego cofinanciará, mediante a achega de 600.000€, esta intervención que estará rematada o próximo ano ―      Esta actuación transformará o centro urbano de Mos...

A Xunta avalía co concello posibles localizacións para construir un parque canino na cidade...

0
Técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático avaliarán a idoneidade das seis parcelas propostas polo Goberno municipal, situadas na contorna da praza...

A Xunta inicia os traballos de restauración fluvial na bacía do río Umia cun...

0
As actuacións incidirán nun tramo de 23 quilómetros do río Umia e nos 15 quilómetros do río Gallo contribuíndo a mellorar o comportamento da...

Os concellos poderán solicitar a partir do 25 de febreiro as novas axudas da...

0
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde pola que se regulan as bases e se convocan por primeira vez estas achegas dirixidas...

Publicacións Relacionadas