HomeXunta de GaliciaA Xunta dá un novo paso na loita contra a violencia co...

A Xunta dá un novo paso na loita contra a violencia co futuro observatorio no deporte e abre o seu trámite de consulta pública previa ata o día 24

- Anuncio -spot_img

O novo órgano terá función de estudo, proposta e seguimento das accións na loita contra a violencia no deporte

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de abrir o trámite de consulta pública previa para o Observatorio Galego Contra a Violencia no Deporte dende hoxe, 9 de decembro, ata o vindeiro día 24 para recoller as achegas e suxestións da cidadanía respecto á nova norma que virá complementar as funcións da Comisión Galega de Control da Violencia no Deporte. O novo órgano terá función de estudo, proposta e seguimento das accións na loita contra a violencia no deporte.

A loita contra a violencia no deporte é un dos obxectivos principais no sistema deportivo de Galicia, contemplado principalmente nos artigos 147 e seguintes da actual Lei do Deporte. Grazas ao traballo realizado nos últimos anos, a sociedade galega en xeral e o sistema deportivo en particular son máis esixentes na tolerancia cero contra os comportamentos e as condutas violentas ou discriminatorias.

Neste sentido, cómpre reforzar o traballo que se realiza dende a Comisión Galega de Control da Violencia no Deporte cun novo órgano colexiado consultivo como o Observatorio Galego Contra a Violencia no Deporte, que se ocupará das tarefas de estudo, proposta e seguimento de medidas e accións da violencia e dos comportamentos discriminatorios.

Publicacións Relacionadas