Home Tabeirós Forcarei A Xunta de Galicia continúa a ampliar en Forcarei a detección da...

A Xunta de Galicia continúa a ampliar en Forcarei a detección da Covid 19 con novos cribados con PCR que se efectuarán no Centro de Saúde

- Anuncio -
  • Vaise convocar, vía SMS, a 1.600 forcaricenses de 40 a 75 anos e para esta iniciativa contaráse con dous equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das mostras e información aos usuarios que o precisen
  • A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés reitera á poboación a importancia de acudir ás citacións para os cribados, á vez que insiste no mantemento das medidas de protección -uso de mascarilla, hixiene de mans e distancia de seguridade-

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, continúa esta vindeira fin de semana no Concello de Forcarei con novos cribados poboacionais con PCR, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade.

Dito cribado voluntario terá lugar no centro de saúde de Forcarei durante o sábado 20 e o domingo 21 de novembro, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Á dita iniciativa preventiva vaise convocar, vía SMS, á poboación forcaricense de 40 a 75 anos de idade, colectivo que neste Concello acada as 1.600 persoas.

Para levar a cabo este cribado, a Administración Sanitaria Pública galega conta con dous equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras e información aos usuarios que o precisen.

Este tipo de probas que se efectuarán en Forcarei coninuarán na busca e detección de casos. Os resultados negativos serán comunicados por SMS e os positivos contactando directamente vía telefónica con cada persoa.

Asistencia aos cribados e medidas de protección
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés reitera á poboación a importancia de acudir ás citacións para estes cribados, á vez que insiste no mantemento das medidas de protección xa coñecidas -uso de mascarilla, hixiene de mans e distancia de seguridade-.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas