HomeTabeirósForcareiA Xunta de Galicia continúa a ampliar en Forcarei a detección da...

A Xunta de Galicia continúa a ampliar en Forcarei a detección da Covid 19 con novos cribados con test rápidos de antíxenos que se efectuarán no centro de saúde

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa preventiva terá lugar durante as tardes de mañá xoves 28, pasado mañá, venres 29 e a mañá do vindeiro sábado 30 de xaneiro
Vaise convocar, vía SMS telefónico, a 2.500 forcaricenses de 40 ou máis anos e para esta iniciativa contaráse con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das mostras e información aos usuarios

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, continúa nas vindeiras datas no Concello de Forcarei con novos cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade.

Este cribado voluntario terá lugar no centro de saúde de Forcarei durante as tardes de mañá xoves 28, pasado mañá venres 29 e a mañá do vindeiro sábado 30 de xaneiro. Á dita iniciativa preventiva vaise convocar, vía SMS telefónico, á poboación forcaricense de 40 ou máis anos, colectivo que neste Concello acada as 2.500 persoas.

Para levar a cabo este cribado, a Administración Sanitaria Pública galega conta con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.

Detección e maior abano diagnóstico
Este tipo de probas que se efectuarán en Forcarei serven para aumentar a cifra de casos detectados, á vez que amplían o abano diagnóstico, pois permiten diferenciar entre infeccións agudas, avanzadas ou curadas.

Os resultados negativos serán comunicados por SMS e os positivos contactando directamente vía telefónica con cada persoa.

Publicacións Relacionadas