En coordinación co Concello de Cuntis, este cribado voluntario terá lugar nunha carpa específica emprazada na explanada da igrexa parroquial de Portela desde as 9 da mañá
Á dita iniciativa preventiva vaise convocar, vía SMS telefónico personalizado, a arredor de 190 veciños dos lugares de Portela, Loureiro de Arriba e Abaixo, así coma os residentes no lugar de Novás
As mostras tomadas en Cuntis procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados negativos serán comunicados por SMS mentres que os casos positivos notificaránse de xeito individual a cada cidadán
A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, continuará mañá luns na parroquia de Portela en Cuntis con novos cribados poboacionais con PCR na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade.
En coordinación co Concello de Cuntis, este cribado voluntario terá lugar nunha carpa específica emprazada na explanada da igrexa parroquial de Portela desde as 9 da mañá. Á dita iniciativa preventiva vaise convocar nas vindeiras horas, vía SMS telefónico personalizado, a arredor de 190 veciños dos lugares de Portela, Loureiro de Arriba e Abaixo, así coma os residentes no lugar de Novás.
Para levar a cabo esta iniciativa, mañá luns 18 de xaneiro a Administración Sanitaria Pública galega contará na carpa emprazada na explanada da igrexa parroquial de Portela con dous equipos de enfermaría, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, controis da realización das tomas de mostras e información aos usuarios.
Proceso das mostras e notificación de resultados
Todas as mostras tomadas con PCR na parroquia de Portela en Cuntis procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que o resultado sexa negativo. No caso de resultar positivo, esta notificación comunicaráse de xeito individual a cada cidadán.