Home Tabeirós Forcarei A Xunta de Galicia continúa hoxe en Forcarei con novos cribados preventivos...

A Xunta de Galicia continúa hoxe en Forcarei con novos cribados preventivos con PCR na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cara a ampliar a detencción da Covid 19

- Anuncio -

En coordinación co Concello forcaricense, este cribado voluntario está a ter lugar no pabellón de Soutelo de Montes desde as 9:30 da mañá e rematará ao longo desta mesma xornada
Á dita iniciativa preventiva vaise convocar a traballadores de Axuda no Fogar e persoas que reciben dita asistencia -unhas 100 persoas- así coma efectuar cribado ao persoal e usuarios da Residencia Nuestra Señora dos Dolores desta localidade, colectivo que acada outras 120 persoas

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, continúa hoxe no Concello de Forcarei con novos cribados poboacionais con PCR na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade.

En coordinación co Concello forcaricense, este cribado voluntario está a ter lugar no pabellón de Soutelo de Montes desde as 9:30 da mañá e rematará ao longo desta mesma xornada. Á dita iniciativa preventiva vaise convocar a traballadores de Axuda no Fogar e persoas que reciben dita asistencia -unhas 100 persoas- así coma efectuar cribado ao persoal e usuarios da Residencia desta localidade, colectivo que acada outras 120 persoas.

Para levar a cabo esta iniciativa, a Administración Sanitaria Pública galega conta cun equipo de enfermaría, que efectúa tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, controis da realización das tomas de mostras e información aos usuarios.

Proceso das mostras e notificación de resultados
Todas as mostras tomadas con PCR no Concello de Forcarei procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que o resultado sexa negativo.

No caso de resultar positivo, esta notificación comunicaráse de xeito individual a cada cidadán

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas