Home Pontevedra O Salnés A Xunta de Galicia efectuará no Centro de Saúde de Vilalonga en...

A Xunta de Galicia efectuará no Centro de Saúde de Vilalonga en Sanxenxo novos cribados preventivos cara a ampliar a detección da Covid 19

- Anuncio -

Esta iniciativa preventiva terá lugar durante as tardes de mañá xoves e o venres 12 de febreiro, así coma a mañá do sábado 13 de febreiro

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, efectuará no centro de saúde de Vilalonga, no Concello de Sanxenxo, entre mañá xoves 11 e o o vindeiro sábado 13 de febreiro, unha nova campaña preventiva con cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos de COVID 19, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación sanxenxina dentre 40 a 49 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada a arredor das 2.600 persoas.

Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará no centro de saúde de Vilalonga con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.

Aumentar a detección de casos asintomáticos
Este tipo de probas que se efectuarán as tardes de mañá xoves, do venres e durante a mañá do vindeiro sábado 13 de febreiro en Sanxenxo serven para aumentar a cifra de casos asintomáticos detectados.

Os resultados negativos destes cribados no centro de saúde de Vilalonga serán comunicados por SMS pola Área Sanitaria, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas