HomeOurenseOurenseA Xunta de Galicia leva a Previsel a prevención de riscos laborais...

A Xunta de Galicia leva a Previsel a prevención de riscos laborais na atención á dependencia e no traballo con nanomateriais

- Anuncio -spot_img

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Expourense na inauguración da 19ª edición do Salón da prevención e seguridade laboral, Previsel, apoiado pola Xunta no marco da colaboración que se materializa un ano máis entre administracións, patronal, sindicatos, colexios profesionais, empresas especializadas e servizos de intervención e emerxencias co gallo de sensibilizar sobre a necesidade de brindar formación en materia de seguridade e prevención de riscos e de promover boas prácticas. Nesa liña, na xornada de hoxe tamén tomou parte a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, para poñer de relevo a importancia da prevención de riscos ergonómicos e psicosociais na atención a persoas dependentes.

Mañá tamén estará presente o Issga en Previsel, en concreto, presentando o novo portal web Traballo seguro con nanomateriais, unha ferramenta dixital orientada á transferencia de coñecemento, á sensibilización e ao apoio técnico para a prevención dos riscos laborais asociados ao uso de nanomateriais nos diferentes sectores produtivos. Iniciativa pioneira a nivel nacional, o portal recompila información científico-técnica contrastada e actualizada sobre os riscos derivados da exposición a estes materiais e sobre as medidas preventivas que cómpre adoptar para garantir contornas laborais seguras, no marco da Estratexia de seguridade e saúde laboral de Galicia: Horizonte 2027.

Publicacións Relacionadas