Home Lugo A Mariña Central A Xunta de Galicia licita por 3,8 M€ a rehabiliación de 17...

A Xunta de Galicia licita por 3,8 M€ a rehabiliación de 17 vivendas para alugueiro social en Mondoñedo, Viveiro, Ourense e Ribadavia

- Anuncio -

Os inmobles foron adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do Programa Rexurbe e están emprazados nos conxuntos históricos destes concellos

A Xunta de Galicia licitou por algo máis de 3,8 millóns de euros a rehabilitación de nove inmobles adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no marco do Programa Rexurbe para crear 17 vivendas destinadas ao alugueiro social.
As licitacións das obras, publicadas hoxe na plataforma de contratos de Galicia, suporán rehabilitar distintos edificios nos concellos de Mondoñedo, Viveiro, Ourense e Ribadavia e súmanse ás seis actuacións, para crear 13 vivendas, licitadas o pasado mércores en Ferrol por importe de 3,3 millóns de euros.
Todas as vivendas rehabilitadas serán cualificadas como de promoción pública polo que pasarán a formar parte do parque de vivendas propiedade do IGVS e serán adxudicadas en réxime de alugueiro social recorrendo ás persoas inscritas no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia. Os inmobles nos que se actuará en Mondoñedo, Viveiro, Ourense e Ribadavia foron adquiridos no seu momento polo Executivo galego cun investimento global de máis de 640.000 euros.
O concello no que se rehabilitarán máis inmobles é o de Mondoñedo, con cinco. As obras permitirán dispoñer de sete vivendas tras un investimento de arredor de 1,5 millóns de euros. Os edificios nos que se vai actuar atópanse no número 24 da praza Muíños de Arriba, nos números 7 e 9 da rúa Guevara, no número 4 da rúa Peña de Francia e no número 30 da rúa Febreiro.
No concello de Viveiro realizaranse traballos en dos inmobles situados na confluencia das rúas Rosalía de Castro (número 22) e Fernández Victorio (números 15-17) obténdose tres vivendas. O importe de licitación das actuacións supera os 720.000 euros.
En Ourense rehabilitarase un edificio emprazado no número 3 da praza Manuel Sueiro, na esquina co número 28 da rúa Liberdade. Neste caso crearanse cinco vivendas e un local tras un investimento de arredor dun millón de euros.

No concello de Ribadavia rehabilitarase un inmoble co obxectivo de crear dúas vivendas no número 3 da praza San Xoán. A obra sae a concurso por un importe de licitación de preto de 465.000 euros.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas