A Xunta de Galicia recoñece a excelencia de 20 alumnos co premio extraordinario de Bacharelato 2023/24

adminON
Lectura mínima de 3
  • Para optar ao premio debían contar cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75 puntos e superar unha proba presencial específica
  • Cada un deles recibe un galardón económico de 1.000€ e un diploma acreditativo

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia académica de 20 alumnos que cursaron 2º de Bacharelato no curso 2023/24 cos premios extraordinarios. Este galardón ten como obxectivo valorar os méritos excepcionais acadados grazas ao esforzo e traballo dos estudantes, que completaron esta etapa educativa cun destacado rendemento académico.

Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, os candidatos debían ter unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos no Bacharelato. Ademais, os aspirantes tiveron que superar unha proba presencial que se dividiu en dúas partes. A primeira parte centrouse nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario, así como a resposta a cuestións culturais ou lingüísticas sobre un texto na primeira lingua estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do Bacharelato.

A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre Ciencias Xerais, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II.

Cada un dos galardoados recibirá un incentivo económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. A distinción será reflectida tamén nas certificacións académicas dos estudantes premiados.

A relación de premiados pode consultarse no seguinte cadro:

Concello Centro educativo Persoa premiada
A Coruña CPR Plurilingüe Santa María del Mar Alfonso Trillo Reboredo
A Coruña CPR Plurilingüe Santa María del Mar Carlota Lago García
A Coruña CPR Plurilingüe Santa María del Mar Mateo García Casanova
A Coruña IES Plurilingüe Eusebio da Guarda Jorge Sánchez Mouzo
A Coruña IES Plurilingüe Eusebio da Guarda Sofía Martínez Diz-Lois
A Coruña IES Plurilingüe Eusebio da Guarda Santiago Vilas Subirán
A Coruña IES Plurilingüe Eusebio da Guarda María Carpente Carpente
As Pontes de García Rodríguez IES Moncho Valcarce Antón de la Fuente Vivero
Lugo IES Xoán Montes Antía Miragaya Vázquez
Lugo IES Leiras Pulpeiro Rosalía Bernárdez Riopedre
Marín IES Chan do Monte Martín Freire González
Marín IES Illa de Tambo Iago Villanueva Pérez
Ourense CPR Plurilingüe María Auxiliadora Félix Benito Martínez
Pontevedra IES Gonzalo Torrente Ballester Miguel Bouzas Rodríguez
Pontevedra IES Sánchez Cantón Óscar Antonio Baltar Torres
Santiago de Compostela IES Plurilingüe Rosalía de Castro Ana Rosende Piñeiro
Santiago de Compostela CPR Manuel Peleteiro Ignacio Uribarri González
Santiago de Compostela CPR Plurilingüe La Salle Patricia Bao Vázquez
Santiago de Compostela IES de Sar   Alba Graña Rodríguez
Soutomaior IES de Soutomaior Lucía Castrillo Sánchez
Comparte este artigo