Home Xunta de Galicia A Xunta define o concepto de rehabilitación integral de cara a facilitar...

A Xunta define o concepto de rehabilitación integral de cara a facilitar a concesión de permisos e licencias urbanísticas

- Anuncio -

Encarnación Rivas pon en valor a colaboración e coordinación administrativa para unificar criterios en materia urbanística

A Xunta define o concepto de rehabilitación integral de cara a facilitar a concesión de permisos e licencias urbanísticas nun informe emitido pola Xunta consultiva en materia de ordenación do territorio e Urbanismo na reunión que mantivo hoxe a súa comisión permanente.

Deste xeito, logo de consultar a Dirección Xeral do Catastro, estímase que se considere rehabilitación integral o conxunto de accións ou medidas que teñan por obxecto a recuperación dun uso orixinal perdido ou a implantación dun novo uso compatible, que adoita acompañarse dunha adecuación tanto estrutural como funcional, proporcionando mellores condicións de uso e seguridade e que, ademais, supoña a restitución da totalidade da edificación ao estado equivalente dunha obra de nova construción.

A maiores, a comisión permanente tamén abordou a cuestión da parcela que debe terse en conta para a obtención de licenza urbanística municipal en zonas afectadas por procedementos de concentración ou reestruturación parcelaria sen resolución firme.

Neste caso, emitiu un ditame no que establece que as parcelas que se terán en conta na devandita situación serán os predios de substitución e que o outorgamento das licenzas requirirá da autorización previa do servizo provincial competente en materia de medio rural.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, puxo en valor a colaboración e coordinación administrativa para unificar criterios en materia urbanística.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Publicacións Relacionadas