Home Xunta de Galicia A Xunta demanda a integración presencial da Policía Nacional e da Garda...

A Xunta demanda a integración presencial da Policía Nacional e da Garda Civil na sede do CIAE 112-Galicia para reforzar a coordinación ante emerxencias

- Anuncio -

— O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, visitou a Axencia Galega de Emerxencias para participar na entrega de drons á Policía Autonómica, que si está presente na sala do 112


— O espazo conta xa con despachos e a dotación tecnolóxica precisa para a atención ás incidencias da competencia das forzas de seguridade estatais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, demandoulle hoxe ao Goberno central a integración presencial da Policía Nacional e da Garda Civil na sede do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112-Galicia, ao igual que xa o está a Policía Autonómica.

Segundo sinalou Diego Calvo, a integración ten como obxectivo garantir un mellor servizo á cidadanía, facilitando a comunicación e a coordinación operativa entre os diferentes corpos, e mellorando a eficacia nas intervencións. Con este fin, a sala do 112 conta xa con espazos de traballo para os representantes dos diferentes grupos operativos de emerxencia. Concretamente as unidades de Tráfico e Seguridade Cidadá da Garda Civil e a Policía Nacional dispoñen de despachos e de postos de traballo coa dotación tecnolóxica precisa para a atención das incidencias das súas respectivas competencias.

O conselleiro incidiu no importante labor desenvolvido polo persoal da Policía Autonómica como referencia para as persoas operadoras da sala do 112 na atención ás incidencias das súas competencias e das da Policía Nacional. Referiuse ás dificultades que pode haber en grandes emerxencias para comunicarse coas salas de coordinación da Policía Nacional e da Garda Civil, con colapsos nas chamadas que se evitarían coa presenza de axentes no lugar.

Nesta liña, apuntou que segundo a memoria de actividade de 2023 do 112-Galicia, a Garda Civil e a Policía Nacional están entre os organismos máis mobilizados na xestión de incidencias, con máis de 77.000 mobilizacións no caso da primeira, que só ten por diante as urxencias médicas e a Policía Local, e preto de 26.000 no da segunda. Sinalou tamén que esta integración é xa unha realidade en comunidades como Madrid, Estremadura ou Canarias.

Drons para apoio ás funcións policiais
Diego calvo fixo esta reclamación no decurso dunha visita á Axencia Galega de Emerxencias (Axega), acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axega, Marcos Araújo, para a entrega de dous drons á Unidade Policial Adscrita de Galicia. Trátase dun dron acuático e doutro aéreo, que servirán para apoiar as funcións deste corpo policial en áreas como a loita contra o furtivismo e os incendios forestais e a protección do medio ambiente, entre outras relacionadas coa seguridade e a protección. O material, presupostado en 16.200 euros, foi recibido polo comisario xefe da UPA, Jorge Rubal, e membros do Equipo de Resposta Policial (Erpol).

A iniciativa enmárcase na aposta da Xunta pola mellora das dotacións dos servizos de atención ás emerxencias e, concretamente da Policía Autonómica, para reforzar a eficacia do seu labor. Nesta liña de acción, nos últimos anos renovouse o parque móbil da unidade, así como o equipamento informático.

O conselleiro quixo agradecer o traballo realizado pola Policía Autonómica e insistiu na necesidade de cubrir o catálogo de persoal previsto para Galicia, establecido en 500 axentes. Na actualidade o corpo conta con 344 membros, o que supón un déficit superior ao 30% e que irá a máis coas xubilacións. Para Diego Calvo, esta situación pon en risco a cobertura eficaz das numerosas competencias que foi asumindo a UPA ao longo dos anos, de especial relevancia na protección das persoas e do patrimonio colectivo.

Relacionadas

A Xunta licita por 910.000€ a segunda fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Francisco...

0
— A obra inclúe o cambio de fiestras, o illamento térmico da fachada e obras de reorganización do centro, entre outras melloras — Enmárcase na...

A Xunta licita por máis de 1,6M€ a rehabilitación integral do ColexioPedro Barrié de la...

0
— A obra inclúe o cambio de cuberta e o illamento térmico da fachada, entre outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do centro —...

A Xunt destaca en IYImeeting 2024 o seu compromiso coa atracción e retención de talento investigador

0
— A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa na inauguración da XV Edición da Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro — Subliña...

A Xunta destinará 11,7 m€ a axudar ás entidades locais a optimizar a xestión...

0
Ángeles Vázquez explica que 9,2 M€ financiarán iniciativas municipais relacionadas coa recollida separada de biorresiduos e residuos especiais como aceites ou téxtilesAo abeiro desta...

Rueda destaca o éxito do programa Xuntos polo Nadal que este ano permite que...

0
 A través de estadías 100% gratuítas, os participantes pasan desde Noiteboa ata Reis nas residencias do Carballiño e Panxón  Asegura que é unha...

A Xunta fomenta o consumo responsable entre a rapazada de Beade co gallo do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Beade unha das accións da Escola Galega de Consumo...

Publicacións Relacionadas