Home Xunta de Galicia A Xunta denégalle ao concello de A Illa unha subvención para mellorar...

A Xunta denégalle ao concello de A Illa unha subvención para mellorar a envolvente da cuberta do colexio

- Anuncio -

Luis Arosa, concelleiro de Servizos en funcións, amósase convencido de que a Consellería de Educación ten previsto realizar directamente os traballos

O goberno local recibiu esta semana a denegación da Xunta de Galicia da subvención de 230.000 euros solicitados para a mellora da envolvemente da cuberta do colexio Torre-Illa e máis para a adquisición dun vehículo co que facer as tarefas de recollida e mantemento dos composteiros arousáns.

O goberno local, agora en funcións, presentara a proposta á distribución do Fondo de Cooperación Local xestionado pola Xunta de Galicia durante o prazo habilitado para esta tramitación e confíaba nun repartido equitativo destes recursos públicos para mellorar ambos servizos.

A Luis Arosa, concelleiro en funcións de Servizos, resúltalle sorprendente que a proposta da Illa non acadase a puntualización necesaria no baremo estipulado pola Xunta, cando “é sobradamente coñecida a necesidade de solventar as deficiencias que ten a cuberta do centro escolar”.

Sen embargo, Arosa apunta que os problemas de humidades e filtracións que é necesario solventar no teito do CEIP Torre-Illa responden a un problema estrutural e non de mantemento polo que, asegura, “estou casi convencido de que que esta subvención denegáronna porque a Consellería de Educación ten previsto cumprir coas súas obrigas coa Arousa e reparar directamente esa cuberta”. Luis Arosa tira de ironía para afirmar que esa “vai ser unha das primeiras boas novas que reciba o vindeiro goberno da Illa”.

Relacionadas

A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que se estenderá...

0
— Serán días hábiles os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico — No caso do xabaril, o período xeral para exercer a...

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5M€ para a creación de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá...

Medio centenar de administrativos dos Centros de Saúde da Área Sanitaria de Pontevedra e...

0
― Esta formación presencial, celebrada esta mañá no salón de actos do Hospital Provincial, é froito da colaboración entre a Área Sanitaria pontevedresa e...

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a...

0
Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados,...

Rueda destaca o papel dos empresarios á hora de facer avanzar Galicia e convertela...

0
― Resalta a posta en marcha cunha Oficina de Coordinación Económica para avaliar os grandes proxectos e xestionar os fondos europeos ― Salienta a aposta...

A Xunta impulsa máis de 11 proxectos de embelecemento turístico en 8 concellos do...

0
— Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega — Entre as...

Publicacións Relacionadas