Home Tabeirós Forcarei A Xunta desenvolve actividades de ocio e seguras para os máis novos...

A Xunta desenvolve actividades de ocio e seguras para os máis novos en plena natureza no campamento de Pontemaril

- Anuncio -

Realizan actividades como piragüismo, piscina, kaiak ou bicicleta na natureza, ademais de actividades de supervivencia como carreiras de orientación, sendeirismo na montaña ou obradoiro de reciclaxe

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o campamento Aventura na Natureza de Pontemaril centrado no deporte e a natureza. Alí puxo en valor a importancia que teñen estas propostas de ocio enmarcadas na Campaña de Verán da Xunta Galicia e coas que se pretende fomentar o lecer educativo, saudable e seguro da xuventude galega.

Neste campamento lévanse a cabo actividades acuáticas como piragüismo, piscina, kaiak ou bicicleta na natureza, ademais de actividades de supervivencia como carreiras de orientación, sendeirismo na montaña ou obradoiro de reciclaxe.

Os nenos que participan neste campamento teñen entre 11 e 14 anos e están nunha das últimas quendas da actividade, que rematará mañá sábado. Á súa vez está tendo lugar Pequecho Aventura, neste mesmo campamento, pero dirixido aos nenos de entre 9 e 11 anos e que rematará o próximo día 8 deste mes.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas