Home Xunta de Galicia A Xunta desenvolverá un programa de vixilancia específico sobre a xestión de...

A Xunta desenvolverá un programa de vixilancia específico sobre a xestión de residuos industriais para reducir a súa xeración e optimizar o seu tratamento

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez salienta que o 82% das 8.000 inspeccións realizadas no período 2019-2024 estiveron relacionadas co ámbito dos residuos
  • Só o 14% das inspeccións derivaron nunha acta de infracción e case o 60% das instalacións sometidas á normativa de prevención e control integrados da contaminación melloraron o grao de cumprimento da súa autorización ambiental
  • O novo Plan de inspección ambiental contará con outros catro ámbitos de actuación: instalacións con autorización ambiental integrada, traslado de residuos, vertedoiros e outras actividades

A Xunta desenvolverá un programa de vixilancia específico sobre a xestión de residuos industriais para reducir a súa xeración e optimizar o seu tratamento, tal e como sinalou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a presentación do Plan de inspección ambiental de Galicia 2025-2030.

Durante a súa intervención, a conselleira incidiu en que é a primeira vez que a planificación plurianual da Xunta neste eido incluirá un programa específico para os xestores de residuos industriais co que se espera contribuír a promover unha política adecuada e eficaz neste eido. Nese senso, cómpre indicar que o 82% das preto de 8.000 inspeccións realizadas no período 2019-2024 estiveron relacionadas co ámbito dos residuos e, delas, o 48% foron a xestores.

A maiores, segundo explicou Ángeles Vázquez, o novo plan, contará, ademais do devandito plan de xestores de residuos, con outros catro ámbitos de actuación en función do tipo de suxeito que se someta a vixilancia: instalacións con autorización ambiental integrada (AAI), traslado de residuos, vertedoiros, e outras actividades.

A través destes cinco plans específicos de traballo preténdese conseguir unha maior eficiencia na inspección, comprobando que as distintas instalacións cumpren coa normativa sectorial vixente e centran os seus esforzos en evitar ou, cando isto non sexa posible, reducir e controlar a contaminación sobre os distintos vectores ambientais.

De forma complementaria, inclúese tamén un plan transversal de xestión da calidade da inspección ambiental que prevé, entre outras medidas, o desenvolvemento dentro da plataforma dixital GAIA do módulo de seguimento ambiental e de novas funcionalidades na aplicación de inspección para aumentar a telematización, a transparencia e a relación directa cos interesados.

Logo de lembrar que se trata do terceiro plan de inspección ambiental que aproba o Goberno galego desde 2013, a conselleira subliñou que este novo programa plurianual, que define as liñas estratéxicas e o marco de actuación a seguir no período 2025-2030, desenvolverase a través de sucesivos programas anuais para ter un control sobre as actividades implantadas no territorio e as repercusións que estas poidan ter sobre o medio ambiente e a saúde. De feito, a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade asinou hoxe mesmo a planificación para o ano 2025.

Balance 2019-2024

Ángeles Vázquez tamén fixo balance do Plan de inspección ambiental 2019-2024. Así, durante ese período realizáronse un total de 7.940 visitas, tanto programadas como aleatorias, repartidas en catro grandes áreas: actividades sometidas a AAI; actividades que non precisan contar cunha AAI; traslado de residuos transfronteirizos e vertedoiros. Segundo dixo a conselleira, a media é de preto de catro inspeccións diarias, das que unha terceira parte corresponden a visitas a empresas.

Como aspectos positivos e máis relevantes nos últimos seis anos, a representante autonómica salientou que só o 14% das inspeccións derivaron en sancións e case o 60% das instalacións sometidas á normativa de prevención e control integrados da contaminación incrementaron o grao de cumprimento da súa autorización ambiental. No caso destas empresas, nas máis de 800 inspeccións levadas a cabo só nun 7% atopáronse desviacións moi relevantes para o medio ambiente.

Ademais, constatouse unha mellora xeneralizada do cumprimento ambiental por parte dos sectores obxecto de inspección —talleres, depósitos de chatarra, puntos limpos…— e unha diminución dos puntos de vertidos incontrolado (PVI) de residuos en Galicia, dous logros nos que o persoal do Servizo de Inspección Ambiental da Consellería (que consta de 23 prazas de inspectores) contou tamén coa colaboración dos axentes da Unidade da Policía Autonómica adscrita a Galicia e da Garda Civil.

Relacionadas

A Xunta destaca o incremento de 1M€ nas axudas para as entidades veciñais ata...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo destacou hoxe en Ponteareas que, coa nova convocatoria que hoxe se publica no Diario Oficial...

A Xunta felicita ao Instituto IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas de Oleiros por unha década...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o centro, o único de Galicia que desenvolve este programa — Destaca os...

A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

0
― O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, que conta cunha dotación de 550.000 euros para que as ONGD galegas poidan canalizar...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230...

0
José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable,...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Publicacións Relacionadas