Home Xunta de Galicia A Xunta destaca a importancia da diversificación do turismo galego para afrontar...

A Xunta destaca a importancia da diversificación do turismo galego para afrontar a estacionalidade

- Anuncio -
  • A directora de Turismo de Galicia impartiu hoxe unha conferencia na Facultade de Turismo da Universidade da Coruña
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, impartiu hoxe na Coruña unha conferencia na Facultade de Turismo da Coruña na que destacou a importancia do sector turístico na economía galega, que segundo manifestou, “representa o 10,4% do total do noso PIB e o 11% do empleo xerado en Galicia”.
  • Nava Castro explicoulles aos alumnos do cuarto curso do dobre grao de Ciencias Empresariais e Turismo, o traballo que desenvolve a Axencia Turismo de Galicia no ámbito da promoción e ordenación turísticas así como os plans de actuación que se levan a cabo no eido da Administración autonómica
  • Na súa intervención, a directora de Turismo de Galicia, destacou que a Comunidade galega, neste Ano Xacobeo tan especial, está en auxe, como confirman os últimos datos acadados durante a Semana Santa, xa que a ocupación hoteleira media estivo arredor do 80%.
    Neste sentido, Nava Castro referiuse tamén á evolución do Camiño de Santiago en 2022, onde xa se rexistraron 50.000 peregrinos que recibiron a compostela desde o comezo deste ano, o que supón máis que todos os rexistrados no ano 2020.
  • Oferta diversificada
    Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia, destacou a diversidade da oferta turística galega e a diversificación dos seus produtos como elementos imprescindibles para afrontar a estacionalidade da actividade.
  • E así, Nava Castro explicou que a desestacionalización e a sustentabilidade do turismo en Galicia son dous dos obxectivos marcados como eixos de actuación da Xunta de Galicia, que aposta por un turismo máis aberto, sen masificacións e que ten nos recursos naturais, culturais e gastronómicos, así como no Camiño de Santiago o seu potencial máis importante.

Relacionadas

A Xunta inviste preto de 120.000 euros na mellora de áreas cortalume e de...

0
As actuacións do distrito forestal XIX Caldas-O Salnés céntranse en preto de 50 hectáreas dos concellos de Pontevedra, Barro, Meis e Poio, así como...

0
A XUNTA REMATA AS ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NOS TREITOS INTERURBANOS DE DOUS RÍOS NO CONCELLO DE BUEU ― Os traballos realizáronse na parroquia...

Os propietarios de vivendas e edificios xa poden optar ás axudas da Xunta de...

0
— Desde hoxe tamén se poden pedir subvencións dun máximo de 3.500 € para elaborar o chamado libro do edificio e de ata 30.000...

A Xunta instala un punto informativo de Sogama no Campus de Santiago para concienciar...

0
— Durante toda a mañá e ata as 18,30 horas, dous monitores resolverán as dúbidas dos participantes e aproveitarán as consultas que lles trasladen...

As Illas Atlánticas será un dos tres parques nacionais que acollerá a iniciativa económica...

0
— Este proxecto, no que tamén participan Doñana e Monfragüe, consiste na formación, apoio e inserción laboral de persoas desempregadas co fin de ofrecerlles...

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos...

0
― Augas de Galicia leva a cabo estas actuacións nos ríos Pexegueiro, Fondón e Chapela ― Os traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se...

Publicacións Relacionadas