A Xunta destaca a importancia da visibilización do labor concursal, clave na xeración de estabilidade e confianza

adminON
Lectura mínima de 2

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do ‘XVIII Encontro en Galicia de profesionais do Dereito Concursal’, organizado polo Consello Galego de Economistas co apoio da Xunta

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración do XVIII Encontro en Galicia de profesionais do Dereito Concursal, organizado polo Consello Galego de Economistas co apoio da Xunta. Na súa intervención, o conselleiro destacou a necesidade de darlle visibilidade social ao labor concursal e aos profesionais que a exercen, xa que contribúen a xerar estabilidade, confianza e seguridade xurídica.

Nesta liña, Diego Calvo referiuse á importancia de poñer o foco nestes profesionais, como o foro inaugurado hoxe baixo o título Protagonismo e impacto dos profesionais da insolvencia en el mundo empresarial. Así, eloxiou a férrea vontade deste colectivo por solucionar situacións empresariais difíciles, mantendo a viabilidade das empresas afectadas e, cando non é posible, procedendo á liquidación no menor tempo posible.

O conselleiro incidiu na relevancia das iniciativas que contribúen a poñer en valor a profesión ao tempo que facilitan a formación e o intercambio de coñecementos entre os asistentes. A maiores, reafirmou o compromiso da Xunta para apoiar actividades divulgativas e formativas que lles permitan aos profesionais actualizarse e adquirir habilidades para afrontar novos procedementos e desafíos.

Este apoio enmárcase ademais na aposta pola colaboración cos diferentes operadores xurídicos, como “único camiño para conseguir o obxectivo común de garantirlle á cidadanía unha xustiza moderna, eficaz, eficiente e próxima”.

Comparte este artigo