O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola presidenta da Federación Provincial de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, percorreu esta tarde a zona comercial do barrio da Ponte, que participa nesta campaña de dinamización promovida pola Xunta e a Federación Galega de Comercio. A iniciativa, que busca estimular a demanda e poñer en valor o comercio local en barrios sen asociacións comerciais e en concellos rurais, desenvolverase nas catro provincias galegas con 10 campañas por provincia, cada unha cunha duración de 15 días e pechando cun sorteo de premios. As accións terán lugar entre o 15 de xuño e o 31 de outubro, no marco do convenio asinado entre ambas entidades para apoiar a innovación e revitalización do sector.
Os consumidores poden rexistrar as súas compras páxina web da campaña ou ben a través dos propios comerciantes, o que duplica as opcións de participación e de gañar unha das 20 tarxetas prepago de 50 euros sorteadas en cada campaña, canxeables ata o 31 de decembro de 2025 nos comercios locais. Ademais da campaña desenvolvida na cidade de Ourense, hoxe dá comezo tamén na Coruña, no concello da Guarda en Pontevedra , así como nos muncipios de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas do Sil, na provincia de Lugo.