Home Xunta de Galicia A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras do patrimonio das Vilas Costeiras participen no Foro do Litoral

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en cada zona ou adoptar medidas co fin de garantir a súa conservación futura

— A consulta pública previa sobre a composición e funcionamento deste órgano colexiado de asesoramento abriuse o pasado 22 de outubro e todas as persoas interesadas teñen de prazo ata este venres para facer achegas e consideracións

A Xunta entende que as entidades presentes no territorio e coñecedoras do variado patrimonio cultural e marítimo-pesqueiro existente nas vilas costeiras galegas deben participar no Foro do litoral, polo que as anima a facer aportacións de cara á futura composición e funcionamento deste órgano colexiado clave para a xestión da franxa costeira de Galicia.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación para a defensa do patrimonio cultural galego (Apatrigal) e dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) da comunidade, aos que trasladou a transcendencia de que se impliquen na posta en marcha deste organismo, un instrumento previsto na Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga).
Esta é a terceira xuntanza deste tipo que mantén a responsable autonómica -tras as celebradas coa cadea mar-industria e coas universidades- co obxectivo de animar aos axentes e organizacións vencelladas co litoral a participar na consulta pública previa de creación do Foro do litoral. Este procedemento, aberto o pasado 22 de outubro, permite ata o vindeiro venres que as persoas e entidades interesadas fagan aportacións de cara a unha axeitada conformación e operatividade deste órgano.
Ángeles Vázquez salientou a relevancia de contar coa participación das entidades asentadas no territorio e coñecedoras do patrimonio existente no litoral co fin de optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor que é preciso preservar ou adoptar medidas co fin de garantir a súa conservación.
A Xunta avanza así na posta en práctica da filosofía da Loxilga de compaxinar o respecto ao medio ambiente coa protección das actividades que se desenvolven nas poboacións do litoral que viven do mar, garantindo o desenvolvemento do seu labor mediante unha explotación sostible, equilibrada e responsable dos recursos.
Por iso, a participación das entidades presentes na costa é fundamental para garantir que exista ese equilibrio entre a protección do medio ambiente e das actividades socioeconómicas, así como o coidado dos elementos que forman parte da cultura galega e que definen a identidade costeira e mariñeira de Galicia.
Desenvolvemento da normativa
A responsable autonómica salientou que, con estes contactos previos á constitución do Foro, a comunidade avanza no desenvolvemento da lei do litoral de Galicia e no exercicio pleno das súas competencias neste eido, referendadas pola sentenza emitida polo Tribunal Constitucional o pasado mes de abril.
Neste sentido, a Xunta remitiu recentemente a súa resposta fundamentada ao borrador remitido polo Executivo central sobre o traspaso dos medios e servizos para a xestión plena do litoral, paso previo á celebración da ponencia técnica para iniciar a negociación.
O Foro do litoral configurarase como máximo órgano colexiado de participación, asesoramento e consulta en materia de ordenación do litoral e estará conformado, tal como establece a propia lei, por representantes das administracións, as universidades, organismos científicos, organizacións dos sectores produtivos, organizacións ambientais e outras que teñan como obxectivo a defensa e protección do patrimonio cultural.
De feito, a esta reunión seguiranlle outros contactos con representantes do sector do mar así como de organizacións implicadas na protección e xestión do litoral, co fin de contribuír a unha óptima ordenación da costa que teña en conta tanto os aspectos medioambientais como os económicos e os sociais.
Galicia converteuse coa Lei de ordenación e xestión integrada do litoral na primeira comunidade española en regular a través dunha normativa propia e integral a franxa costeira en toda a súa extensión. A Xunta está a dar os pasos necesarios para o desenvolvemento dunha norma que permitirá xestionar os 2.500 quilómetros de costa da comunidade e 1,6 millóns de hectáreas terrestres e marítimas.

Relacionadas

A Xunta lembra aos taxistas que poden solictar as axudas para a adquisición de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que o Goberno galego vén de publicar as axudas deste ano por importe de...

A Xunta convoca con case 2,3 M€ as axudas de 2025 para impulsar a...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe e estes apoios destinados ao fomento da prevención de riscos laborais e a actividades neste eido, que...

A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro mañá ao suroeste da Coruña...

0
― O aviso vermello xa estaba activo para a última hora desta tarde no noroeste e o oeste da provincia da Coruña ― Continúa activa...

Portos de Galicia exime ao concello de Poio do pago das taxas pola escola...

0
Portos de Galicia aprobou a exención de taxas ao Concello de Poio pola ocupación do edificio e as instalacións da escola de remo de...

María José Gómez salienta a importancia das poxas degando como punto de encontro da calidade para...

0
― A titular do departamento lembrou que o Goberno autonómico conta cunha liña de achegas dotada con 150.000 euros para a realización de certames...

A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades...

0
― O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda...

Publicacións Relacionadas