Home A Coruña A Xunta destaca a importancia de Semana Santa de Ferrol como reclamo...

A Xunta destaca a importancia de Semana Santa de Ferrol como reclamo turístico en pleno Xacobeo

- Anuncio -

― O Goberno galego retoma a súa colaboración coas confrarías e irmandades da Semana Santa de Ferrol, que este ano recuperan a actividade desta Festa de Interese Turístico Internacional, paralizada perante dous anos por mor da pandemia

― O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, destacou este evento como clave na oferta diferenciada do turismo que tan bos resultados está a dar en Galicia

― Desde o ano 2013, Turismo de Galicia vén colaborando coa Semana Santa de Ferrol, á que destinou máis de 314.000 euros

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe con representantes das confrarías e irmandades da Semana Santa de Ferrol un convenio de colaboración polo que o Goberno galego, a través da Axencia Turismo de Galicia, aporta 40.000 euros á celebración deste evento declarado Festa de Interese Turístico Internacional e que agora retoma a súa plena actividade trala pandemia.

Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Marina Aneiros, felicitou aos representantes das confrarías ferrolás pola programación preparada para este ano que, ao seu entender, axuda a poñer en valor un evento “clave na oferta diferenciada do turismo galego”. O vicepresidente primeiro recordou que esa distinción, xunto coa calidade e a seguridade que aporta Galicia como destino seguro, foron fundamentais para que Galicia liderara o pasado verán a recuperación turística en España., 22 puntos por riba da media.

A Xunta vén colaborando tradicionalmente neste evento que congrega en Ferrol a 3.000 penitentes nos días centrais da Semana Santa, como o demostra o feito de que, desde o ano 2013, o Goberno galego, a través da Axencia Turismo de Galicia, destinara algo máis de 314.000 euros á súa celebración.
Alfonso Rueda quixo aproveitar o apoio da Xunta ás confrarías e irmandades que organizan a Semana Santa de Ferrol para ratificar o compromiso da Xunta coa cidade e coa súa comarca, como o demostra o feito de que se acordara abrir en Ferrol unha delegación territorial.

En canto ás potencialidades turísticas de Ferrol e a súa contorna, Alfonso Rueda chamou a atención sobre a demanda crecente do Camiño Inglés, que ten un dos seus puntos de partida en Ferrol, e que este ano leva contabilizados xa medio cento de peregrinos que obtiveron a Compostela.
Precisamente para reforzar ese itinerario, a Xunta está a finalizar os trámites para a adxudicación nos vindeiros días da obra de acondicionamento da Casa do Mar de Ferrol como albergue de peregrinos, unha actuación na que o Goberno galego inviste 467.000 euros e que incrementará os atractivos do Camiño Inglés coincidindo co Xacobeo.

Alfonso Rueda confiou en que as mesmas fortalezas que fixeron de Galicia un referente turístico no 2021 consigan que, neste 2022 e da man do Xacobeo, Galicia sexa “un destino seguro” e “un refuxio para turistas e peregrinos” nun momento no que a inseguridade económica e as consecuencias do conflito bélico de Ucraína incrementan as incertezas sobre a recuperación e o futuro do sector. “Cremos que imos superar tamén este reto e que Galicia seguirá sendo un destino de moda”, dixo o vicepresidente primeiro.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas