Home Xunta de Galicia A Xunta destaca a importancia do papel dos Ges no sistema de...

A Xunta destaca a importancia do papel dos Ges no sistema de atención ás emerxencias

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos efectivos do GES de Cervo que atende as incidencias deste concello e das de Alfoz, Foz, O Valadouro, Burela e Xove


― A Xunta leva investidos máis de 142.000 euros no funcionamento e o reforzo de equipamento dos servizos de emerxencias do concello de Cervo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos efectivos do GES de A Mariña Central-Occidental con base en Cervo que atende as incidencias deste concello, así como as dos municipios de Alfoz, Foz, O Valadouro, Burela e Xove. Na súa visita destacou a importancia do papel dos GES no sistema de atención ás emerxencias e lembrou o compromiso do Goberno galego na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias das entidades locais.

Así, a Xunta destinou nos últimos anos máis de 20 millóns de euros en material cedido aos concellos para que os seus servizos de emerxencias poidan levar a cabo con seguridade as súas intervencións. Desta contía, máis de 11 millóns de euros empregáronse en reforzar o equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da comunidade e outros 7 millóns para os GES. No caso dos servizos de emerxencias de Cervo, o investimento acada os 142.000 euros na mellora do funcionamento e a dotación de equipamento do GES e da AVPC do concello.

Entre o equipamento cedido pola Xunta ao municipio de Cervo nos últimos anos inclúese un todocamiño tipo pick-up, un furgón de emerxencias, unha moto acuática, un equipo de excarceración, un detector de gases, un desfibrilador, terminais tetra con GPS e un traxe e unha pértega para actuacións con niños de velutina.

A Xunta convoca ademais cada ano dúas ordes de axudas para mellorar o equipamento e para os gastos de funcionamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. No caso da AVPC de Cervo o investimento realizado nos últimos anos ascende a máis de 6.200 euros.

Ademais de colaborar cos concellos en equipar aos seus servizos de emerxencias, a Xunta tamén forma aos seus efectivos na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e no caso dos GES asume tamén máis da metade dos seus custos de funcionamento, con máis de 40 millóns de euros investidos nos últimos anos.

Relacionadas

A Xunta efectuou a restauración ambiental de 1.166 puntos de vertido incontrolado nos últimos...

0
— A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda actuou en máis de 150 concellos, grazas ao cal se rexeneraron 79 hectáreas — Ao longo...

A Xunta actiba para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de...

0
― Agárdase vento do oeste forza 8 no litoral da Coruña e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros na...

Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de “Escola Verde”...

0
— Cada colexio escolle unha temática relacionada co medio ambiente sobre a que traballar, con propostas tan innovadoras como a do IES Valga sobre...

Politica Social promove o coñecemento da astronomía estre a mocidade en Forcarei co programa...

0
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron os participantes nesta...

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña...

0
― Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese A Dirección Xeral de Emerxencias...

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de...

0
― Os traballos, cun prazo de 4 meses, céntranse na modernización da planta de tratamento de augas residuais e na incorporación de sistemas de...

Publicacións Relacionadas