Home Xunta de Galicia A Xunta destaca a posta en marcha de dúas novas Casas do Maior...

A Xunta destaca a posta en marcha de dúas novas Casas do Maior en Fisterra, que suman des prazas de atención diúrna gratuíta 

- Anuncio -

Estes dous novos recursos reforzan aínda máis a rede de casas do maior que supera as 140 nas catro provincias galegas

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, recalcou hoxe a decidida aposta da Xunta de Galicia por un sistema de coidados próximo e centrado nas persoas. Díxoo durante a súa visita ás dúas novas casas do maior que entran en servizo en Fisterra e que suman dez prazas públicas de atención diúrna gratuíta.

Coa apertura destes dou novos recursos, nos que hoxe se celebrou unha xornada de portas abertas para dálos a coñecer entre a veciñanza, refórzase aínda máis a rede de casas do maior que existen na nosa comunidade e que supera xa as 140. O Goberno galego destina este ano máis de cinco millóns de euros a seguir impulsando estes equipamentos pioneiros que permiten atender aos maiores na súa contorna e fixar poboación no rural.

O director xeral destacou que, ademais da atención socio-sanitaria que prestan, as casas do maior son fundamentais para facilitar a conciliación da familias e para fomentar un envellecemento activo e saudable.

Neste sentido, explicou que estes recursos ofrecen atención diúrna de luns a venres un máximo de oito horas e durante once meses ao ano en grupos reducidos de ata cinco usuarios, o que favorece un ambiente familiar. Os coidados prestados comprenden a manutención, a hixiene e o desenvolvemento de actividades de lecer e cognitivas.

Relacionadas

A Xunta recorda a Pablo Hinójar como “unha persoa que revolucionou a ximnasia en...

0
_O secretario xeral para o Deporte asiste á I Gala Homenaxe a Pablo Hinójar e recorda que a Xunta entregaralle a Distinción ao Mérito...

Lete Lasa destaca que os máis de 200 premios entregados pola Federación de Ciclismo...

0
Enumera os grandes fitos de 2024 como o ránking elite con dous equipos galegos nos tres primeiros postos, as catro etapas galegas da Vuelta,...

María José Gómez salienta a importancía da Feira do Mel “Alvariza” de Lalín para...

0
A conselleira sinalou que este tipo de celebracións contribúen a impulsar as canles curtas de comercialización e poñer de relevo o comercio de proximidadeLembrou...

Preto de 1.000 alumnos e docentes amosarán o músculo das ensinanzas artísticas, de idiomas...

0
— Celebrarase o 6 e 7 de febreiro no Gaiás e ofrecerá máis de 300 actividades para exhibir o potencial académico e ofrecer asesoramento...

Centros de Boimorto, Monforte de Lemos e Meaño representarán a Galicia na Fase Nacional...

0
A directora xeral de Innovación Educativa da Xunta participa na entrega de premios deste certame a nivel autonómico, grazas ao que máis de 1.500...

O programa da Xunta ’21 días co galego E +’ arranca a súa sétima...

0
O secretario xeral da Lingua e o director xeral de Centros e Recursos Humanos participan na apertura desta iniciativa, que se estenderá ata o...

Publicacións Relacionadas